Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

16/3/20

Tarefas para o 16 de Marzo 5º EP

Bos días a todos e todas! Hoxe comezaremos unha nova rutina de traballo dende a casa. É moi importante facer estas tarefas, xa non soamente para non quedar completamente desconectados da  escola, senón tamén para manter a cabeciña ocupada con outras cousas e axudar a pasar as horas máis rapidamente. Lembrade que calquera dubida que teñades ao respecto poderedes preguntala polas canles das que xa dispoñiamos, (classcraft, Classdojo) e tamén por Instagram @omestrederandufe. Non dubides en empregar estes medios. Iremos mellorando pouco a pouco e intentarei traer recursos variados para poder seguir traballando todo o que queirades.

Moi ben comezamos coas tarefas.

1º Hora: Lingua galega. Entrade no EVA (se dispoñedes de conexión a internet mellor, senón facédeos no offline) e realizade as actividades 1 e 2 do tema 6, apartado expresión oral e escrita. Suxírovos para actividade 1º instrucións que agora están moi presentes e que seguro escoitaches moito sobre #euquedonacasa. Na segunda actividade, se levades a tarefa a cabo podes compartir ou enviar a foto aos vosos compañeiros.

2º Hora: Matemáticas: podedes comezar quecendo a mente matemática facendo algunha destas restas de calculo mental. Calculo mental Resta

Despois inventa e resolve un par de problemas de división. Eu vos propoño as seguintes divisións. Se tendes algunha dubida podes ver o seguinte video :División ABN

    3912 : 12 = ?
    2941 : 17 = ?

Se queredes facer algunha máis podedes ir a ferramenta de google: Números aleatorios e escoller un numero entre 1000 e 9999 e outro entre 11 e 19 e dividilos. ISO SI!! lémbrate sempre de inventar un problema.

3º Hora: Biblioteca. Collede un libro e lede.

RECREO. Se queredes falar entre vos as 11:15 vou a abrir un foro de discusión na materia de lingua galega (si, igual que aquel polo que vos castiguei por empregalo indebidamente) no tema 6 apartado de expresión escrita. Así poderedes seguir en contacto cos compañeiros. Eu estarei conectado lendo as mensaxes. (precisades de conexión a internet)

Hora de ler: Lectura, sería xenial poder continuar coa lectura do libro da Sra Bubble, a ver se consigo una edición dixital. De momento lectura libre.
4º Hora: Lengua Castellana. Cuando veais una pelicula en en familia prestad atención a los siguientes elementos: Introducción, nudo y desenlace. Intenta distinguir cuando empieza y cuando acaba cada uno de estos elementos. Despues resume con tus palabras que sucede en cada una de las partes de esa película. Contesta a estas preguntas:
  • ¿Qué personajes aparecen en la película? ¿Cuál es el protagonista?
  • ¿En qué espacio y tiempo sucede la historia?
  • ¿El qué cuenta la historia está dentro de la película?
5º Inglés. Facede algo do que vos propoña Amalia.

Moito ánimo a todos. En breve máis cousas.