Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

20/4/16

Pronomes persoais

Unha curiosa presentación sobre a colocación dos pronomes: Bebé-pronome.




A seguir practica con estes exercicios de colocación de pronomes.


pronomes

19/4/16

En galego,... máis e mellor nº 60

No ano dedicado a Manuel María outro poema do autor chairego na capa do En galego, máis e mellor do mes de abril. No interior algún vocabulario traído con motivo da Semana da Froita e na contracapa dúas viñetas de Xaquín Marín.


10/4/16

Verbos (en castellano)

El verbo y la oración castellana

 

1ª

 

2ª

 

3ª

AS PLANTAS

Despois dunhas longas vacacións, esperamos que veñades con forzas. Comezamos o estudo das plantas e deixamos aquí máis recursos para seguir aprendendo.


Captura de pantalla (74)

Captura de pantalla (76)

 

Captura de pantalla (77)

 

 

 







Captura de pantalla (78)

8/4/16

O Papagaio nº 0

En outubro comeza a súa andaina esta nova revista que recibiremos mensualmente na escola. Aquí está un adianto co nº 0 d'O Papagaio.


O papagaio

 

20/3/16

A señora vaca por segundo de Primaria

As nenas e nenos de segundo preparando unha excelente actuación. Cantaron para toda a escola a poesía de Manuel María, a señora vaca. Foi xenia! Sodes uns artistas!


18/3/16

Manuel María por Manuel Penín

O CEIP de Randufe dentro das actividades arredor da figura de Manuel María, autor a quen se dedica este ano o Día das Letras Galegas, conta cunha obra do artista plástico Manuel Penín.
Trátase dun orixinal retrato do homenaxeado escritor chairego realizado cunha soa liña sen levantar o lapis do papel. Manuel Penín comezou a utilizar esta modalidade de facer retratos hai uns dez anos no seu Ourense natal, que posteriormente perfeccionou na súa estadía en Berlín.
Ademais da achega desinteresada desta obra, contaremos, na semana das Letras Galegas, coa asistencia de Manuel Penín na escola de Randufe, onde impartirá un taller ás nenas e nenos.
O retrato de Manuel María constitúe un dos dez carteis que no CEIP de Randufe se elaboraron para presentar ao concurso convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística co gallo da celebración do Día das Letras Galegas deste ano.
Desde o CEIP Randufe queremos agradecer esta achega desinteresada e seguindo os desexos do autor da obra poñela a disposición pública para calquera uso docente.


Manuel María por Manuel Penín