CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude: h...
18/3/16
Manuel María por Manuel Penín
O CEIP de Randufe dentro das actividades arredor da figura de Manuel María, autor a quen se dedica este ano o Día das Letras Galegas, conta cunha obra do artista plástico Manuel Penín. Trátase dun orixinal retrato do homenaxeado escritor chairego realizado cunha soa liña sen levantar o lapis do papel. Manuel Penín comezou a utilizar esta modalidade de facer retratos hai uns dez anos no seu Ourense natal, que posteriormente perfeccionou na súa estadía en Berlín. Ademais da achega desinteresada desta obra, contaremos, na semana das Letras Galegas, coa asistencia de Manuel Penín na escola de Randufe, onde impartirá un taller ás nenas e nenos. O retrato de Manuel María constitúe un dos dez carteis que no CEIP de Randufe se elaboraron para presentar ao concurso convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística co gallo da celebración do Día das Letras Galegas deste ano. Desde o CEIP Randufe queremos agradecer esta achega desinteresada e seguindo os desexos do autor da obra poñela a disposición pública para calquera uso docente.