Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

27/10/12

Magosto 2012

Ola a tod@s!


Un ano máis xa temos aquí o magosto. O vindeiro mércores 31 de outubro despediremos o mes coa festa do magosto na nosa escola,  como preludio de catro días feriados nos que pasalo ben na Noite dos Calacús ou cando menos descansar.


Xa sabedes que as castañas tedes que traelas o mesmo día, e deben vir amosegadas para que non estouren ao asalas. Traede tamén un pouco de leña miúda, pico ou piñas. Está aberto asemade o concurso da castaña decorada, e podedes traer as vosas creacións artísticas desde o luns 29 até o mércores 31. Lembrade que cada obra non pode levar máis de doce dos saborosos froitos do castiñeiro.


Para prepararmos a festa  non está de máis desfrutrar cuns poemas, adiviñas e ditos  de outono. Ou uns refráns e lendas.


 


Coa castaña pódense facer moitas preparacións culinarias, mesmo algunha tan requintada como o marron glace.


http://www.youtube.com/watch?v=1UKdE_GjgJw

E se queredes máis historias e contos sobre as castañas, o magosto e o outono, seguide desfrutando con esta vella entrada deste mesmo blogue:


O verme das castañas...

24/10/12

NON TEÑO MEDO, SAMAÍN!

Agora xa chegou o outono, caeron as follas e o vento e a chuvia bateron nas castañas, pronto gozaremos da máis terorífica e divertidas das festas, o SAMAÍN!  Esta celebración non é nova xa que contan que os celtas colocaban candeas no interior das caveiras dos seus inimigos. Aquí tedes diferentes arrepiantes recursos a vosa disposición.


 Máis sobre o SAMAÍN  (CEIP de Palmeira)

 

Tradición de traballar as cabazas (Cultura Galega.org)


 



Unidade didáctica 1º ciclo

Unidade didáctica 2º ciclo


Texto para 3º ciclo


 

 

    Webquest sobre o SAMAIN
Proxecto:  O MEDO    C.E.I.P. Quintela (Moaña)


XOGO DO SAMAÍN
   
C.E.I.P. Manuel Fraga( Cariño)                                                                       

                                   Actividades LIM do CEIP A Pedra (Bueu)


- Un Samaín de Conxuros (para os máis pequerrechos)




- Un Samaín de conxuros (para os máis grandiños)




BUSCA NA BIBLIOTECA OS SEGUINTES LIBROS ARREPIANTES...



ESTE CONTO NON É APTO PARA OS MÁIS MEDORENTOS COMO FIZ... 





CANTA SEN PARAR, PARA OS MEDOS ESPANTAR!!!!





Os nen@s de 5º fixemos un obradoiro de poesía sobre o outono. Este é o resultado!

Números enteiros e coordenadas cartesianas



 



 



 

23/10/12

Operacións combinadas

Imos cazar un oso.

Hay cuentos para leer, cuentos para ver y otros .... para escuchar , como éste



Es la historia de un padre y cuatro niños que salen a cazar un oso sin ningún miedo



Y aquí tenéis una versión de la canción tradicional inglesa en la que se basa este cuento...

 





Voy a ir a la caza del oso.



http://www.youtube.com/watch?v=WzIcu6tbEko




17/10/12

OS SENTIDOS

Chega o momento de experimentar co noso corpo e captar diferentes estímulos. Probade estas actividades!