Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

4/5/20

ACTIVIDADES 4º. Martes 5 de maio


Ola a tod@s! Como imos avanzando? Espero que ben.

Como xa case todos e todas tedes en casa o material que recollestes no colexio,  a partir de hoxe imos orientar o traballo utilizando este material (fotocopias,libros e libretas) e algúunha outra ficha  complementaria. Iremos combinando tarefas de repaso e reforzo con algúns contidos novos (sinxelos) para ir avanzando un pouquiño nas materias. Calquera dúbida que teñades sobre os exercicios non dubidedes en consultarme.

Inician a sesión Miguel e Paula. Miguel achéganos un orixinal debuxo puntillista e unha mandala, por certo, moi ben feita! E Paula sorpréndenos cun especial poliedro de origami. Vaia habilidades!

Sabíades? Hoxe é o cumple de Breixo! Moitos parabéns! Que pases un día moi feliz! Aquí vai un vídeo dedicado a este día tan especial!

Continuamos cun vídeo sobre “Volvoretas”, eses insectos de vivas cores que nos acompañan nesta estación do ano. Disfrutádeo!

Proposta de tarefas

Lingua galega: Prepara o ditado (Libro L. Galega 2º trimestre, páxina 83). Le o texto varias veces reparando nos signos de puntuación e pide a alguén da túa familia que te dite. Despois autocorrixe e fíxate ben nos erros.

Matemáticas:
-Ficha fotocopiada. “Los edificios más altos del mundo”
-Traballo na libreta. Imos avanzar un pouco no programa de Matemáticas: “Números decimales” (Libro 2º trimestre. Tema 7). Fai unha lectura atenta do recadro azul da páx. 100 e vemos o vídeo titorial. A continuación fai na túa libreta:

-   Exercicios 2 da páx 100.
- Exercicios 3,4 e 6 da páx 101 (tes exemplos no recadro azul). Gustaríame recibir unha foto destes exercicios.

 (Debes copiar o enunciado con boli vermello  e facer os exercicios con lapis, coma sempre facemos. Non esquezas escribir a data.)

Ciencias Sociais: Iniciámonos no tema das Rochas e Minerais. (Libro C. Sociais. Tema 1 , páx. 6). A proposta para hoxe é que fagas unha lectura da páxina 6  O famoso granito de Porriño” e reflexiones sobre as preguntas ( non é necesario escribir). Podes aproveitar para practicar a lectura en voz alta. Tamén achego vídeo.

L. Castelá: Ficha fotocopiada de C. Lectora “Récords del mar”/Ficha extra de reforzo palabras polisémicas ( para imprimir ou copiar)
Vídeos: Palabras compostas/ Suxeito e predicado./Xogo palabras agudas.

Para que vos sexa mais fácil identificar as fichas e as páxinas achégovos os pdf.

Recordade que máis abaixo hai unha sesión de Mindfulness!

Isto é todo por hoxe! Ánimo!

DEBUXOS MIGUEL





POLIEDRO PAULA



 FELIZ CUMPLE BREIXO!


FICHA  FOTOCOPIADA MATEMÁTICAS