Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

3/5/20

ACTIVIDADES 4º. Luns 4 de maio


Ola de novo!

 Comezamos unha nova semana e con ela o mes de maio.  Xa sabedes o que di o refrán Ata o corenta de maio non te quíte-lo saio; e se volve a chover, vólveo a poner” así que non vos desabriguedes demasiado, coidado cos resfriados!

Vaia domingo máis soleado que tivemos! Por fin puidemos dar paseos todos e todas: nenos, nenas, nais, pais, tíos, tías, avoas e avós ! Foi xenial! Eu o primeiro que fixen foi achegarme ao río!

Hoxe introduzo a sesión cunha canción de Emilio Batallán sobre “Os maios”, festa tradicional galega de exhaltación da primavera. Seguro, seguro que xa a escoitáchedes. Disfrutádea!

Pero… antes diso teño unha morea de traballos para presentarvos:

Mario envía un debuxo de iniciativa propia moi gracioso: utilizou o compás para facer uns personaxes moi curiosos… indícannos como temos que facer para loitar contra o coronavirus"

Por outro lado temos orixinais creacións de puntillismo de Lorena e Mara.

Ademais unha mostra de variados cubos de origami feitos por Sharay, Mara, Celia. Lorena envía un vídeo.

E a xerminación das legumes de Celia! Cantas plantiñas levamos xa?

Un super aplauso para todos el@s!

Por outro lado recibín bastantes historias creativas relacionadas coas moedas que se convertían en chocolatinas. Tedes moita imaxinación! Moi ben! Hai que seguir practicando. Animádevos os demais a enviar as vosas.

Recordade que a partir de mañá debedes seguir entrando no blog e indicareivos como distribuír as fotocopias que xa teredes con vós. ( E mellor que fagades tres libriños independientes: L.Castelá, L. Galega e Matemáticas… vaivos ser máis fácil atopar as tarefas). Tamén indicareivos tarefas dos libros para facer nas libretas e algunha ficha extra que poderedes imprimir ou copiar.


Proposta de tarefas

Lingua galega: Ficha de investigación sobre “Os Maios” e Ficha sobre palabras compostas (vídeo)

L. Castelá: Ficha de reforzo sobre palabras compostas.

Matemáticas: Ficha de exercicios nº decimais (vídeo) e ficha de problemas de Cálculo mental. Ademais unha ficha de inxenio.

C. Naturais: Ficha de autocorrección cuestionario.

Lectura: Achégovos o libro “Fred Quincalla” para ler durante toda a semana.

Isto é todo por hoxe. Ata mañá!

DEBUXOS







CUBOS






XERMINACIÓN  


Clica aquí para ver  O CUBO DE LORENA