Buscar este blog
Entrada destacada
Fondo libros e axuda material escolar
CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude: h...
31/3/20
BIBLIOTECA
1 DE ABRIL.DÍA DAS ARTES GALEGAS
Entrade no blog da biblioteca para saber máis.
axaneladechisco.blogspot.com
Entrade no blog da biblioteca para saber máis.
axaneladechisco.blogspot.com
ACTIVIDADES 4º. Mércores 1 de abril
Ola a
tod@s! Como ides pasando o tempo? Pouco a pouco vai pasando a semana e XA
estamos a mércores!
Hoxe
presentaremos os graciosos debuxos de Mussé
e de Paula. Todos son diferentes! A
colección continúa aumentando… Alégrome de que vos sigades animando!
Para
empezar o día propóñovos facer unhas sinxelas sombras chinescas! Se queredes practicar non tedes máis que buscar
na casa unha tea branca ou de cor claro, unha lanterna ou foco de luz e as
vosas propias mans. Aquí vos deixo un vídeo de mostra… espero que vos guste!
Proposta de tarefas
Lingua galega:
Comezaremos vendo un corto animado.
Non ten título, simplemente é unha historia. Pois ben, a miña proposta é que
unha vez vista, escribades coas vosas propias palabras a historia. Deíxovos
unha plantilla para ordenar as ideas e outra para escribir.
Matemáticas: Hoxe toca un pouco de Cálculo.
Lectura en Lingua Castelá: Engádovos
un enlace que vos levará a unha páxina con estratexias para practicar a velocidade lectora. Animádevos a ler os
“Contos secretos”. Son un pouco
curiosos…
Ciencias Sociais: Qué tal
foi o Test de autoavaliación? Seguro que ben! Achégovos unha canción para repasar os nomes dos
continentes.
E por
último déixovos un reto de papiroflexia.
Seredes quen de construír unha ra de papel? Tómadeo con calma, ao final
complícase un pouco. É cuestión de insistir!
Por certo
animádevos a enviar fotos vosas ás dirección de correo que vos indican no blog.
Estamos desexando crear outro vídeo de convivencia!
Ata mañá!
Outra aperta!
CORTO ANIMADO
PLANTILLA REDACCIÓN
FICHA REDACCIÓN
ORUGAS MATEMÁTICAS
FICHA CÁLCULO
LECTURA
CANCIÓN CONTINENTES
RELIXIÓN-AVISO ÁS FAMILIAS
AVISO ÁS
FAMILIAS
Queridas familias,
cómo vai todo? Espero que sigades tod@s
ben. Son momentos especiais pero dos que tod@s
sairemos máis fortalecid@s. As
actividades que propoño pódense facer nunha libreta contestando,
dibuxando etc, como mellor os veña.
Os de 5º e 6º
teñen as tarefas subidas ao libro virtual. Xa sabedes que eu subo
sempre un arquivo que se descarga e se traballa nel, se non podedes
descargalos os podedes facer nunha libreta ou folio. Pinchades nos
temas seguintes aos que dimos na clase e xa os sae o arquivo, como
sempre.
As actividades que
poño en todos os cursos, son voluntarias e orientativas; non quero
cargarvos con máis tarefas.
MOITO ÁNIMO A
TOD@S!!!!! E PRONTO NOS VEMOS.
Se tendes algunha
dúbida podedes escribirme o seguinte correo : luzcondegr@gmail.com
Eu estarei pendente
e contestarei o máis rápido posible.
ABRAZOS VIRTUAIS!!!!
Momentos para compartir
Estimadas familias, xa son moitos os días que os nenos/as levan sen ver aos seus amiguiños do colexio. Animadevos a enviar unha foto do voso fill@ xogando, bailando, saudando, facendo deberes, facendo calquera actividade da vida diaria... Serán compartidas no blogue e no Facebook do colexio. Pretendemos facer estos momentos más levadeiros, compartindo sorrisos e saudos. Correos onde mandar as fotos:
Infantil 5 anos Marzo
Bo día! Cómo estades? Espero que ben e que levedes esta
situación o mellor que poidades. Mándovos moita paciencia e moito ánimo
para superar isto canto antes.
Houbo familias que me preguntaron qué actividades facer estos días cos nen@s. Pois ben, mándovos unha
serie de fichas que podedes realizar. Son fichas de repaso de todo o que
levabamos dado durante o trimestre. Son orientativas, non obrigatorias. Quen
non as poida imprimir na casa non pasa nada, pódense facer nunha libreta.
Por outra banda anímovos a seguir facendo cos nen@s xogos, crebacabezas, leédelle
contos (poden escribir o título e debuxar o protagonista). Deixovos un link
para que llo poñades e disfrutedes con eles,
Pakolas. ( Tamén tedes aquí a url www.bit.ly/39rRVMi )
Pakolas. ( Tamén tedes aquí a url www.bit.ly/39rRVMi )
Aquí vos deixo o link das tarefas.
(Tamén adxunto a url: https://drive.google.com/file/d/1hNedlg5ab11YMzpmjofZ5XnRAGRPbeFo/view?usp=sharing)
Vémonos pronto!!!!
Un saúdo
María
Suscribirse a:
Entradas (Atom)