Bos días chic@s!
Hoxe na área de lingua galega
iniciaremos a unidade 10 a partir da lámina inicial. Faremos
como na clase, observamos a imaxe 5 minutos e respondemos as preguntas
oralmente. A continuación repasamos as palabras clave do tema. Se descoñecemos
algunha buscámola no dicionario da “Real Academia da Lingua Galega”.
Unha vez repasadas as palabras,
realizamos o ditado nós mesmos nunha libreta. Lámina inicial
A continuación, na área de matemáticas imos rematar o que nos queda do
tema das fraccións. Neste caso é a unidade decimal. Para iso imos escoitar con
moita atención o seguinte vídeo https://www.youtube.com/watch?v=o4i5yX2IG_Y. A continuación veremos unhas
imaxes que amosan a explicación da unidade decimal: as décimas (10) e as
centésimas (100). Unidade decimal Se
tivésedes algunha dificultade non dubidedes en preguntar.
Ao acabar imos facer unha tarefa para comprobar se os contidos foron
asimilados. Ficha Para realizala imos copiar os debuxos na libreta e escribimos a fracción e o número decimal correspondente.
Dende a área de ciencias sociais imos realizar un cuestionario quizizz
sobre o aire e a atmosfera. Para iso entramos no enlace https://quizizz.com/join e engadimos o código 936553.Escribimos o noso nome e comezamos o xogo.
E
por último, imos a traballar a ortografía. Neste caso recordamos que antes de b
e p escríbese m. Realizaremos unhas actividades interactivas nos seguintes enlaces: https://cplosangeles.educarex.es/web/lengua3/ortografia_3/palabras_m_p_b/mp01.htm
Ánimo, xa queda menos.
Un saúdo.
Fanny