Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

17/3/20

Martes 17/03/20 - Actividades 3º de Primaria


Martes 17/03/20

Bos días! Que tal estamos? Hoxe imos comezar repasando a división a través do enlace http://www.genmagic.net/mates1/animmat4c.swf . Podedes facer as divisións do nivel 1 e 2. As divisións compróbanse automaticamente.
A continuación imos facer o repaso da unidade 9 de lingua galega. Esta unidade xa foi traballada na clase e polo tanto non deberíamos ter ningún problema á hora de realizala. Podedes imprimir a ficha ou facela nunha libreta. Repaso lingua galega
Ao rematar, repasaremos na materia de lingua castelá o número dos substantivos (singular e plural), o xénero (masculino e feminino) e a súa clasificación (común e propio),  tendo en conta que xa o traballamos en lingua galega. Libro de repaso
E por último nos vos esquezamos de rexistrar no voso diario, ler cada día, repasar as táboas de multiplicar e xogar moito.
Un saúdo e moito ánimo.
Fanny