Ola de novo! Bo día!
Como vai ese ánimo? Que
non decaian as forzas!
Hoxe comezaremos a
sesión cun pouco de movemento. Atrevédesvos a seguir a coreografía do vídeo que vos presento? No
noso grupo hai excelentes bailaríns e bailarinas! Xa me contaredes como vos foi!
As actividades de hoxe
van na seguinte orde:
En primeiro lugar Matemáticas: Seguimos practicando
problemas relacionados co diñeiro. Ademais un pouquiño de Cálculo Mental, hai que seguir adestrando a mente. Podedes entrar
na páxina “Usa el coco”. Buscade
as actividades de Cálculo mental.
Para a sesión de L. Galega e Lectura propóñovos que entredes na páxina de “Orella Pendella” para
ler en voz alta os trabalinguas. Son moi divertidos! Atrevédesvos a aprender algún de memoria?
Continuamos cunha ficha de repaso de Lingua Castelá (afianzando conceptos gramaticais que xa
traballamos). Previamente podedes ver un vídeo sobre acentuación que vos refrescará a memoria.
En C. Socias seguide repasando os mapas de Galicia e España, hoxe é un bo día para darlle un repaso intensivo. Déixovos
un mapa mudo do relevo para que practiquedes cos ríos e as montañas.
Por último propóñovos
unha actividade de Activación da intelixencia. Agudizade o voso inxenio!
Seguide traballando así
de ben! Unha aperta dixital!
PROBLEMAS CON EUROS
COHETES MATEMÁTICOS
USA EL COCO
ORELLA PENDELLA
VIDEO ACENTUACIÓN
FICHA REPASO L. CASTELÁ
MAPA MUDO ESPAÑA
FICHA INXENIO