Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

25/3/20

ACTIVIDADES 4º. Xoves 26/03/20


Ola chic@s! Comeza unha nova xornada! 

Para empezar propóñovos disfrutar dun vídeo que mostra divertidos debuxos na rúa feitos con xiz. Xa tivemos ocasión de velos outras veces. Sei que vos gusta moito! Imos recordalo…

Para a xornada de hoxe preparei algunhas actividades de repaso. Recórdovos novamente que as fagades, cada un ao seu ritmo. Non vos preocupedes se quedan algunhas sen facer! Non tod@s traballamos á mesma velocidade, somos diferentes! Se hai exercicios que non entendedes... non pasa nada! , xa os explicaremos cando volvamos ao colexio.  Aínda que é importante estar ocupados, estes non son tempos para agobiarse. Seguramente haberá días que vos levantaredes con máis ganas de traballar e outros con menos... Estamos tod@s un pouco despistados...

En primeiro lugar propóñovos unhas fichas de Matemáticas (cálculo con euros e práctica de dobres e triples).

A continuación atoparedes unha ficha de Comprensión lectora en Lingua galega, en unha ficha para reforzar as Técnicas de Estudo.

Recordades que hoxe nos tocaría Plástica? Aquí vos deixo unha mandala para relaxarse coloreando.

Para rematar inclúo un vídeo : unha historia con valores de amizade, empatía, comprensión, colaboración, creatividade e constancia para resolver os problemas. O título é “Soar”. Faravos pensar… Disfrutádeo!

Ata mañá! Mooooito ánimooo!


FICHA CÁLCULO CON EUROS

FICHA PRÁCTICA DOBLES E TRIPLES

COMPRENSIÓN LECTORA

TÉCNICAS DE ESTUDO

MANDALA

VÍDEO  VALORES: "SOAR"