Ola! Como andamos? Comeza unha nova semana e espero que todo vaia o mellor
posible. É importante que fagamos as tarefas programadas, cada un ao seu propio
ritmo de traballo.
Hoxe comezaremos repasando a área de matemáticas, neste caso a
representación das fraccións. Para iso imos ir ao seguinte enlace https://www.matesfacil.com/interactivos/primaria/fracciones/basico/php1.php Esta actividade
consiste en ir completando as fraccións a partir do debuxo dado. Recordade que o
numerador indica as partes coloreadas e o denominador son as partes totais.
A
continuación daremos paso a materia de lingua castelá e como xa rematamos a
unidade 9, imos facer o repaso desta a través dunha ficha. Lembrádevos que
nesta unidade traballamos os aumentativos (palabras que indica tamaño grande),
o número dos substantivos (singular ou plural) e os signos de interrogación
(¿?) e exclamación (¡!), que en castelán colócanse ao principio e ao final das
oracións. Repaso lingua castelá
Unha
vez rematado, leremos un texto do sistema solar en lingua galega repasando así
tamén a área de ciencias sociais. Despois faremos as tarefas de comprensión
lectora. Recordade que podemos imprimir a ficha ou realizala nunha libreta,
anotando o título da tarefa. O sistema solar
Non vos esquezades de seguir repasando as táboas de multiplicar. Engádovos
para os que queirades repasalas con distintas actividades un enlace https://www.orientacionandujar.es/2015/08/10/impresionante-cuaderno-de-repaso-tablas-de-multiplicar-tablas-poster/ ou senón recordade que tamén temos as actividades
interactivas de mundo primaria https://www.mundoprimaria.com/recursos-educativos/tablas-de-multiplicar
Ánimo e un saúdo.
Fanny