Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

26/3/20

ACTIVIDADES 4º. venres 27/03/20


Ola de novo!  Por fin chegou o venres! Como andamos? Espero que ben!

Para comezar o día hoxe preséntovos unha melodía moi, mooi  especial, escoitadea atentamente… é  disfrutade do son!

A continuación… as tarefas da xornada:

Comezamos repasando os ríos de España a través de dous xogos  “on line” .

Seguimos con Mates. Imos darle un pequeño repaso ao proceso da división e a súa proba. ( Vídeo e Ficha)

Para a sesión de Lectura propóñovos un  divertido enlace  onde podedes ler  “chistes sobre animaiss”. Espero que vos guste!

E por último en Lingua Castelá un repaso á Ortografía. Achégovos un par de presentacións sobre “Ortografía Ideovisual”. Son palabras que inclúen un debuxo relacionado co significado da palabra feito sobre a letra especial de cada unha. Xa o traballamos algunha vez en clase.

 A miña proposta é que despois de ver as presentacións, escollades algunha das palabras ( unha, dúas, tres… as que queirades…) que vos presento nunhas tarxetas e fagades os vosos propios debuxos sobre as letras que están en “vermello”. Unha vez feitas, podedes sacarlle unha foto, ma enviades ao correo classranduferandufe@gmail.com e eu encárgome de publicalas neste blogue, para que poidamos velas tod@s. Animádevos? Recordade escribir o voso nome nun recunchiño da tarxeta.

Deíxovos tamén a proposta de…

Tarefas para o finde:
 A miña proposta é un xogo: “ HUNDIR LA FLOTA”
O profe Suso explicouvos como se xoga nunha sesión que tivéchedes en clase, recordades?.
Achégovos un documento coa plantilla e as normas para que xoguedes coa vosa familia.

E por hoxe nada máis… Boa fin de semana!
Unha aperta  a distancia!!



XOGO RÍOS DE ESPAÑA 1
XOGO RÍOS DE ESPAÑA 2

VÍDEO DIVISIÓN POR 2 CIFRAS 
VÍDEO PRUEBA DIVISIÓN 

FICHA PRUEBA DE LA DIVISIÓN

LECTURA: CHISTES

PRESENTACIÓN ORTOGRAFÍA 1
PRESENTACIÓN ORTOGRAFÍA 2

TARJETAS ORTOGRAFÍA

Propuesta fin de semana

JUEGO HUNDIR LA FLOTA