Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

18/3/20

Mercores 18/03/20 - Actividades de 3º de primaria


Mércores 18/03/20

Bos días chic@s! Como estamos? Espero que esteades tod@s moi ben e seguindo a rutina proposta nas vosas casas. Recordade que non estamos de vacacións!


Hoxe para traballar a área de lingua galega imos facer unha tarefa que tiña programada para o terceiro trimestre. En colaboración coas familias crearemos un libro viaxeiro de receitas. Para iso, cada un deberá elaborar unha receita xunto coa súa fotografía que empregaremos a volta para crear o noso propio libro viaxeiro. Engádovos a continuación o modelo para cubrir. Libro de receitas

A continuación, repasaremos na área de matemáticas o tema que estábamos traballando na aula, neste caso o termo de fracción a través do enlace  https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-matematicas/terminos-fraccion  e unha vez rematado iremos ao seguinte enlace para repasar a lectura das fraccións https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-matematicas/lectura-fracciones

Ao rematar, dende a área de lingua castelá traballaremos os signos de interrogación (¿?- preguntas) e exclamación (¡! - exclamación) xa traballados en lingua galega. Lembrádevos que en castelán estes signos colócanse ao principio e ao final da oración. Para iso imos realizar unha ficha. Podedes imprimila ou realizala nunha libreta. Signos de interrogación e exclamación

E por último e tendo en conta que mañá xoves é festivo e venres había ponte imos realizar dende a área de plástica a decoración da primavera. Cada un vai decorar unha flor empregando a técnica (raiado, punteado...) e o material de reciclaxe que queira para poñer no panel da aula co motivo do cambio de estación. Mándovos o enlace para que imprimades a flor. Modelo Flor
Ademais, para repasar a lectura das fraccións déixovos o xogo que temos na clase por se o queredes imprimir, senón podedes facelo nunha libreta. Xogo das fraccións


PD: Non vos esquezades de anotar no voso diario, ler cada día, repasar as táboas e xogar e xogar moito. Hai tempo para todo! Así será moito máis doado a volta a rutina.


Espero que todo vaia moi ben. Un saúdo 

Fanny