Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

17/3/20

Actividades 4º de Primaria. Mércores 18/03/20

Ola de novos chic@s! Espero que esteades sendo responsables e realizando con esforzo e interese as actividades que vos propoño día a día. 

Estiven preparando novas actividades para vos. Esta é unha situación diferente que nos toca vivir, pero hai que poñer toda a enerxía necesaria para seguir adiante. Xa sabedes: "Onde hai un problema... hai unha solución".

Para empezar o día de hoxe preséntovos un video para disfrutar. Soamente velo e escoitar a canción, seguro que vos vai gustar. Ten unha letra e unha música agradables e que fan pensar....

A continuación preséntovos actividades relacionadas coas seguintes materias:

C. Sociais: Ficha do mapa de Galicia para reencher.
Lingua galega: Ficha de Comprensión Lectora. Poesía.
Lingua galega: Escribir unha historia despois de visionar un video sobre a Empatía. Cubride previamente unha plantilla que vos axudará a organizar a información, para logo pasar a redactar a historia coas vosas propias palabras. Recordade ordenar ben as ideas e facer boa letra.
Matemáticas: Ficha de problemas e dúas fichas de Cálculo Mental. Flores matemáticas. 

Para os catro días seguintes, que corresponderían a unha "ponte", é dicir, "vacacións", propóñovos un traballo de investigación sobre monumentos de Galicia. Tedes que investigar sobre o monumento máis importante das principais cidades de Galicia e cubrir unha fichiña.
Ademáis  tamén algúns xogos de papiroflexia e videos para aprender a debuxar. Se tedes tempo de sobra entrade na páxina " Usa el coco", alí atoparedes xogos matemáticos.

Recordade que hai tempo para todo. Aconséllovos traballar mellor polas mañás para logo dedicar as tardes a actividades de lecer. Non esquenzades tomar tempos curtos de descanso entre tarefa e tarefa.
E se algunha vai con retraso ídeas repartindo ao longo das semanas. 

Moito ánimo! Unha aperta! 




MAPA DE GALICIA

LECTURA POESÍA

COMPRENSIÓN LECTORA

"ORELLA PENDELLA"

CORTO EMPATÍA

FICHA RECOLLIDA DATOS 

ESCRIBO A HISTORIA

PROBLEMAS MATEMÁTICOS

FLORES MATEMÁTICAS 1

FLORES MATEMÁTICAS 2

PROPOSTA TAREFAS 19-22 MARZO

FICHA A CORUÑA

FICHA LUGO

FICHA OURENSE

FICHA PONTEVEDRA

FICHA SANTIAGO

VIDEO DEBUXOS FÁCILES

VIDEO AVIÓNS DE PAPEL

" USA EL COCO"