Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

17/3/20

Tarefas 5º EP 17 de marzo

Bos dias! Segundo dia lectivo. Espero que sigades todos as recomendacións sanitarias. Eu vos podo aconsellar seguir un horario, facer actividades que non sexan de pantalla e practicar exercicio dentro de casa. Para este ultimo vos podo recomendar bailar algunhas cancións no Just Dance. Aínda que sexa en youtube.

Para manter a mente ocupada e non quedar completamente descolgados do cole seguimos coas tarefas para hoxe.


1º Hora: Matemáticas. Seguimos hoxe vos podo recomendar facer o bingo de resta para empezar a estimular a mente matemática. Aquí vos paso os enlaces: Bingo resta e os Cartóns.

Seguimos con divisións entre dúas cifras. Non vos esquezades de poñerlle un problema a estas divisións.

    12.275 : 25 = ?
    7.812 : 28 = ?

2º Hora. Lingua Galega. Ides facer hoxe un ditado. O texto que propoño será o seguinte: Ditado.

Despois de corrixilo copiade 3 veces cada erro ortográfico. Se queredes ampliar podedes buscar as palabras que non entedérades no dicionario e tamén buscar as contraccións que aparecen no texto. (as contraccións están no tema 6, apartado de ortografía)


Recreo. Volverei a abrir o chat as 11:15 no apartado de expresión oral e escrita.


4º Hora. Ciencias Sociais. Elaboración do esquema do tema 3 do clima. Completade coas palabras clave o seguinte esquema: Climas do mundo


5º Hora: Lengua castellana: Acabar los ejercicios de Gramática del tema 6 Tanto los del ordenador como el ejercicio 8 en una libreta o papel.

Coma sempre, se tendes algunha dubida podedes preguntar polas canles habituais. Moito animo e a seguir traballando!!