Hoxe é o día da poesía, e aínda que estamos vivindo unha situación excepcional dende o Departamento de Orientación queremos propoñervos que compartades os vosos sentimentos en familia. E que mellor forma de facelo que con poesía?
Podemos ler unha poesía, escribila, modificar unha que nos guste... pero o máis importante é compartila con quen temos cerca para darnos conta de que os sentimentos son compartidos entre pequenos e maiores.
Departamento de Orientación