Bo día
chic@s! Comezamos unha nova xornada con moooooita enerxía!
Sabíades que o
pasado venres 20 comezou a primavera? Sei que agora non é o mellor momento
porque debemos estar na casa, pero seguro que por algún recuncho podedes observar
que algo está cambiando. Por iso
comezamos este día cun vídeo musical
que nos presenta a nova estación. Os días alónganse máis rápidamente! Cando volvamos á escola espéranos a horta
para botar sementes de flores e hortalizas!
As
tarefas para hoxe serán as seguintes:
Comezamos
con Lingua
Galega ( ficha de ortografía do uso da letra v). Video explicativo.
A continuación Matemáticas ( unha ficha de monedas e outra para exercitar o cálculo de
multiplicación e división por dúas cifras). Video xogo Tangram.
A continuación tócanos Ciencias Sociais ( ficha de repaso das
comunidades autónomas e un puzle tamén das comunidades que podedes componer nun
folio ou cartó, serviravos para repasar! ). Xa podedes ir memorizando os ríos e
as montañas. Achégovos un vídeo interesante sobre o Relieve.
Para
traballar a Lingua Castelá
propóñovos primeiro preparar o ditado
dun texto tamén relacionado coa letra “v” ( pedídelle aos voso papás e mamás
que volo diten) para continuar cunha ficha de escritura creativa. Agudizade a
vosa imaxinación! Habitualmente facédelo moi ben! Nos vos esquenzades de facer
parágrafos e boa letra. Un consello: Sei
que é máis traballo pero é mellor facer antes un borrador, así poderedes
organizar mellor as ideas!
Recordade
tamén facer as actividades que a profe Amalia vos propón.
Moito
ánimo chic@s! Unha aperta!