Ante todo queremos transmitir unha mensaxe de tranquilidade, todos desexamos que esta situación volva canto antes á normalidade (maiores e pequenos estamos desexando volver ao cole) pero temos que saber adaptarnos a ela e atopar sempre o lado positivo de todo (estamos pasando moito tempo en familia 😉).
Entendemos que non son días doados para ninguén, e especialmente para os rapaces e rapazas, polo que nos gustaría achegarvos unha serie de consellos para seguir na medida do posible neste longo período dentro da casa.