Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

24/3/20

Martes 24/03/20 - Actividades de 3º de primaria


24/03/20


Bos días chic@s! Como estamos?
Hoxe para repasar os termos de medio (2), terzo (3) e cuarto (4), xa traballados no tema anterior de matemáticas, imos ir ao seguinte enlace de mundo primaria https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-matematicas/medio-tercio . Desta forma traballaremos estes conceptos a través das distintas fraccións. 
Ademais, para afianzar estes conceptos déixovos un xogo para que practiquedes nas vosas casas. Este xogo consiste en facer parellas (por exemplo a tarxeta coa metade de 8 iría co número 4). Podedes imprimilo para realizalo ou facelo nunha libreta. Xogo 


Ao rematar, faremos un repaso da ortografía moi sinxelo, traballado xa na materia de lingua galega. Para iso iremos aos seguintes enlaces. 

R e rr: Ortografía r e rr
*Para os que non vos funciona o enlace da ortografía, engádovos un documento de PDF para que poidades realizar as tarefas nunha libreta. Ortografía

A continuación a través deste enlace https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/principe-feliz imos facer unha lectura online de lingua castelá en voz alta . Ao rematar realizaremos a comprensión lectora da mesma.

E por último, para repasar a área de ciencias sociais imos facer un cuestionario a través da aplicación de quizizz. Espero que vos sexa doado empregala, xa que nunca  traballamos esta aplicación na clase. Para iso tedes que entrar no enlace https://quizizz.com/join?gc=986592 e engadir o seguinte código  231648.Primeiramente, teredes que por o voso nome e iniciaredes o cuestionario de repaso dándolle a comezar xogo. Pensade ben antes de contestar! Calquera dificultade non dubidedes en preguntar por correo electrónico.

Un saúdo e moito ánimo
Fanny