Bo día!
Como estades? Benvid@s a unha nova semana no Blog do Ceip de Randufe!
Esperamos que vos gustara o vídeo que fixemos @s profes! Fixémolo con mooooito cariño!
Gustáronvos as nosas mascotas?
Esta
semana comezarémola presentándovos as tarxetas de Ortografía Ideovisual que fixeron:
Sharay, Miguel, Mario, Lorena e Celia. Imos velas… Bo traballo chic@s! Os demais aínda estades a
tempo… podemos completar a colección!
A
continuación propóñovos comezar a semana cun pouco de exercicio físico. Que vos parece aprender un pouco de ioga? Aquí
vos deixo un vídeo explicativo do ”Saúdo ao Sol”. Animádevos a practicar!
Outras actividades:
Matemáticas:
Envíovos un documento coa táboa do 100 e un vídeo explicativo para recordar
como traballar con ela, tamén fala doutras táboas máis avanzadas, que nós aínda
non traballamos, pero non está de máis aprender: ” O saber non ocupa lugar”.
Logo atoparedes dúas fichas de “Crucinúmeros”
e unha ficha de “Dibujo escondido”.
Lingua
Castelá: Seguimos repasando algúns conceptos gramaticais.
Para iso achégovos o folleto de Gramática que tod@s tiñades na carpeta, para
que poidades consultar os conceptos e facer a ficha que vos presento. Tamén engado algúns vídeos e xogos para repasar.
Lingua
Galega: Achégovos unha lectura : “A rá auténtica” . Soamente é para que fagades unha lectura con
atención. Primeiro en voz baixa e logo un par de veces en voz alta entoando
ben! Podedes pedirlle aos vosos papás que vos graven, aínda que soamente sexa
un fragmento, así poderedes comprobar como vai a vosa fluidez lectora e a vosa
habilidade para entoar.
E … por último C. Sociais: facer un último
repaso a través dun xogo sobre o
mapa de España (comunidades autónomas) . Mañá
enviareivos un pequeno test para que poidades autoavaliar a vosa capacidade
memorística.
Deíxovos tamén un Mapa Mundi mudo para que refresquedes a vosa memoria e cubrades co nome dos continentes e océanos.
Ánimo e forza! Unha aperta !
VIDEO TABLA DEL 100.
DOCUMENTO. TABLA DEL 100
FICHA CRUCINÚMEROS 1
FICHA CRUCINÚMEROS 2
FICHA DIBUJO ESCONDIDO
FOLLETO GRAMÁTICA
VIDEO SINÓNIMOS Y ANTÓNIMOS
VIDEO ADJETIVOS
JUEGO PALABRAS AGUDAS
JUEGO PALABRAS LLANAS
JUEGO PALABRAS ESDRÚJULAS
FICHA COMPETENCIA LINGÜÍSTICA
JUEGO COMUNIDADES AUTÓNOMAS
FICHA MAPA MUNDI