Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

18/3/20

2º DE PRIMARIA. ACTIVIDADES OCIO PARA A PONTE

Bo día a todos e a todas, xa sabemos que moitas familias non tedes acceso a Internet para descargar as actividades ou mesmo impresora. Esta é unha situación extraordinaria e pedimos a vosa comprensión porque non temos outro xeito de mandar as actividades para os vos@s pequen@s.
Se non podedes descargar as actividades, non vos preocupedes o entendemos perfectamente.Para aquelas familias que non o podan facer recomendamos o seguinte: facer que os nenos e nenas lean un pouco todos o días, que escriban e que practiquen sumas e restas con levadas. 
Lembrade que estas actividades que propoñemos non son avaliables (non puntúan) e non hai que copiar nin os textos, nin os enunciados dos exercicios. 
Cada alumno/a ten o seu ritmo, para algúns será pouco traballo e para outros moito. Respetade os seus ritmos marcando un horario.
Hoxe, como non todo van a ser actividades do curriculum escolar vou subir uns xogos que eles coñecen e unha idea para facer un debuxiño para o día do pai que poden copiar e escribir os pequenos.
Un saúdo,
Lúa