Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

22/3/20

ACTIVIDADES 4º PRIMARIA. Luns 23 /03/20


Ola de novo a tod@s! Como estades?

Comeza unha nova semana! Sabemos que é moi complicada esta forma de traballo, sobre todo para algún de vós, pero non temos outro xeito de facelo. As circunstancias nos colleron de sorpresa a TOD@S!

Recórdovos que os/as que non teñades impresora podedes ir facendo as actividades nun caderno ou en folios indicando a data, o título da actividade e o número do exercicio. Non é preciso copiar os enunciados.

Aconséllovos  ir facendo o traballo pouco a pouco, cada un ao seu ritmo. Hai actividades dabondo para os que ides rematando máis rápido as tarefas. Vós sodes os que tedes que planificar os vosos propios tempos. Intentarei respectar o horario habitual de clase.

Non deixedes de ler un pouquiño cada día, é importante manter o ritmo lector ( lectura en voz alta e tamén en voz baixa).

Creei unha conta de correo electrónico ( classranduferandufe@gmail.com)  por se queredes preguntar algunha dúbida ou simplemente comunicarvos.

Para hoxe luns 23 fágovos a seguinte proposta:

Despois de disfrutar do vídeo de presentación, preséntovos unas fichas de Vocabulario de Lingua Galega e  de Gramática de  Lengua Castellana (reforzo) seguindo  co tema 9. Non deixedes de ver o vídeo explicativo dos  Pronomes Persoais.

A continuación  pasamos a Matemáticas. Comezaremos o tema do “Diñeiro” (fichas de presentación,  problemas  e xogo on line). Tamén algunha ficha de Cálculo Mental e proposta de video-xogo.

Para a materia de Ciencias Sociais pasaremos a un documento relacionado coa  Xeografía de España. Atención! Dicirvos que no documento da semana pasada relativo á Xeografía de Galicia hai un erro na páxina 3 (relacionado cos puntos cardinais). Seguro que algún de vós xa caeu na conta! Envíovos o documento corrixido, fixádevos ben  na “roseta dos ventos”.

Imaxino que xa tedes aprendido o mapa de Galicia, así que agora toca aprender o de España ( non é preciso aprender o nome das provincias) Para comezar ide memorizando as comunidades autónomas e os limites xeográficos.  Preséntovos tamén un xogo “online” e dous vídeos explicativos.

Ánimo chic@s! Seguide esforzándovos!

 Unha aperta dixital!





FICHA VOCABULARIO

FICHA PRONOMBRES PERSONALES

VIDEO PRONOMBRES PERSONALES

PRESENTACIÓN MONEDAS Y BILLETES

PROBLEMAS DINERO 1

JUEGO DINERO

PROBLEMAS CÁLCULO MENTAL 2

VIDEO

GALICIA PPS

ESPAÑA PPS

VIDEO ESPAÑA

XOGO COMUNIDADES AUTÓNOMAS

VIDEO RÍOS DE ESPAÑA