Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

31/3/20

ACTIVIDADES 4º. Mércores 1 de abril


Ola a tod@s! Como ides pasando o tempo? Pouco a pouco vai pasando a semana e XA estamos a mércores!

Hoxe presentaremos os graciosos debuxos de Mussé e de Paula. Todos son diferentes! A colección continúa aumentando… Alégrome de que vos sigades animando! 

Para empezar o día propóñovos facer unhas sinxelas sombras chinescas! Se queredes practicar non tedes máis que buscar na casa unha tea branca ou de cor claro, unha lanterna ou foco de luz e as vosas propias mans. Aquí vos deixo un vídeo de mostra… espero que vos guste!

Proposta de tarefas

Lingua galega: Comezaremos vendo un corto animado. Non ten título, simplemente é unha historia. Pois ben, a miña proposta é que unha vez vista, escribades coas vosas propias palabras a historia. Deíxovos unha plantilla para ordenar as ideas e outra para escribir.

Matemáticas: Hoxe toca un pouco de Cálculo.

Lectura en Lingua Castelá: Engádovos un enlace que vos levará a unha páxina con estratexias para practicar a velocidade lectora. Animádevos a ler os “Contos secretos”. Son un pouco curiosos…

Ciencias Sociais: Qué tal foi o Test de autoavaliación? Seguro que ben! Achégovos unha canción para repasar os nomes dos continentes.

E por último déixovos un reto de papiroflexia. Seredes quen de construír unha ra de papel? Tómadeo con calma, ao final complícase un pouco. É cuestión de insistir!

Por certo animádevos a enviar fotos vosas ás dirección de correo que vos indican no blog. Estamos desexando crear outro vídeo de convivencia!

Ata mañá! Outra  aperta!











CORTO ANIMADO

PLANTILLA REDACCIÓN

FICHA REDACCIÓN

ORUGAS MATEMÁTICAS

 FICHA CÁLCULO

LECTURA

CANCIÓN CONTINENTES