Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

31/3/20

Tarefas 5º EP Luns 31/3

Bos días todos e todas! Un día máis para aprender dende casa. Xa queda menos para volver a vernos todos outra vez. Hoxe a parte das tarefas hai algunha actividade proposta por parte do equipo de biblioteca, así que para darvos a oportunidade de facelo imos a rebaixar un pouco a cantidade de contido.

Matemáticas: Hoxe veremos como  se resolve o problema de Star Wars e do sistema solar que estaba a punto de ser destruído. Antes de nada mirade o seguinte Vídeo. Tamén podedes descargar a imaxe do esquema do sistema solar. Imaxe.

Despois de ver o vídeo pídoche que calcules o mesmo pero para un sistema solar no que os planetas tarden 2 anos (Planeta verde) 4 anos (Planeta laranxa) e 6 anos (Planeta azul). Fai un esquema ou debuxo para intentar descubrir como funciona este sistema solar. Tamén podes empregar tapóns de botellas ou calquera outra cousa.

Lingua Galega: Déixovos as instrucións para que participedes no proxecto que están facendo dende o voluntariado e dende a biblioteca para que participedes. Voluntariado
 
Ciencias Sociais: Realización do seguinte Quizziz . Tamen podes acceder indo a joinmyquiz.com e ingresando o código: 016365

Lengua Castellana: Lectura del apartado de vocabulario del tema 7 sobre las palabras compuestas y realización de los ejercicios 1, 2, 3, 4 y 5.

Moito ánimo a todos!!