Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

30/3/20

ACTIVIDADES 4º. Martes 31 de marzo


Ola de novo chic@s! Como levades o traballo? Espero que ben! Recordade que é moi importante repartir o tempo entre traballo e descanso. Facede pequeniños “recreos" entre tarefa e tarefa.

Hoxe achégovos uns vídeos con consellos para coidar a vista e a postura corporal cando traballedes no ordenador. Non deixedes de velos!

Antes de nada un AVISO importante para os vosos papás e mamás:

Teño xa algunhas direccións de correo electrónico d@s que me enviachedes fotos ou comentarios, pero necesitaría que tod@s me fixerades chegar os vosos correos, por dous motivos:

- Para comprobar que esta información está chegando a tod@s.
- Por si é necesario, en algún momento, enviar información individualizada a cada     alumn@ en particular.

Graciñas!

Para empezar a sesión de hoxe preséntovos as tarxetas de “Ortografía Ideovisual” que seguides enviando. Paula e Hugo animáronse a enviar hoxe os seus traballos. Ben feito! Seguimos ampliando a colección…

A continuación achégovos un vídeo musical que nos fai adentrarnos nun bosque especial. Disfrutade da sensación! Seguro que vos vai gustar!

Proposta de tarefas

Lingua Galega: Ficha de Comprensión lectora  sobre a lectura “ A ra auténtica”. (Coméntovos que na tarefa de onte faltaba o texto relacionado coa ficha de Gramática. A Editorial non me permitiu o acceso, así que facede os apartados que poidades. )

Matemáticas:Seguimos practicando o traballo con Euros ( dúas fichas e un xogo “on line”). Achégovos o documento cos billetes e moedas de novo.

Ciencias Sociais: Test de autoavaliación. ”Comprobo o que aprendín sobre o mapa de España”. (Cubride primeiro coas respostas que credes que son correctas e logo podedes comprobar a través do documento ou do vídeo.) 

Lengua Castellana: Ficha de acentuación.

Aviso: Non deixedes de navegar polo blog de Randufe, pois cada día aparecerán noticias importantes! Tamén no blog da Biblioteca “A xanela de Chisco” que está no lateral dereito.

Pois ánimooo chic@s … Ata maña!

Unha aperta dixital!








 XOGO EUROS

DOCUMENTO EUROS

FICHA EUROS

FICHA PROBLEMAS EUROS 

LECTURA L. GALEGA

FICHA C. LECTORA.

TEST MAPA DE ESPAÑA

FICHA ACENTUACIÓN

VÍDEO CONSELLOS 1

VÍDEO CONSELLOS 2