Mércores 25/03/20
Bos días chic@s! Que tal? Espero que todo vaia ben e que esteades facendo
as tarefas, cada un ao seu propio ritmo.
Para comezar, imos facer un repaso do concepto de fracción, os seus termos,
a lectura e a súa representación a través dunha táboa no seguinte enlace http://www.juntadeandalucia.es/averroes/centros-tic/41009470/helvia/aula/archivos/repositorio/0/199/html/datos/05_rdi/U07/01.htm Unha vez rematada
a actividade, copiade a táboa na libreta para que nos sirva a modo de repaso.
*Para os que non
vos funcione o enlace, engádovos o PDF do documento para que poidades realizalo
na libreta Repaso fraccións
Despois, traballaremos en lingua
galega a creación dun texto. A partir dun modelo (como xa fixemos algún na
clase), teredes que tirar un dado tres veces, a primeira vez para elixir o
personaxe, a segunda tirada para a situación e a última para decidir o lugar
onde transcorre o texto Inventa unha historia
Póñovos
tamén un dado online por si non tedes na casa ningún dado. https://www.tirardado.com/ Unha vez rematada a historia,
compartirémola coas nosas familias.
A
continuación, repasaremos a ortografía da b e a v, esta vez en lingua castelá a
través do enlace https://juegosinfantiles.bosquedefantasias.com/lengua-literatura/ortografia/letras-v-b
Para
concluír hoxe vouvos engadir un enlace con diferentes xogos para compartir en
familia. So se precisa papel e lapis e podedes xogar en calquera lugar. http://www.ideasverdes.es/15-juegos-de-papel-y-lapiz-para-jugar-con-ninos-en-cualquier-parte/
PD: Vexo que a maioría fixestes o cuestionario quizziz de onte de ciencias sociais sen dificultade. É importante que me poñades o voso nome para eu saber quen o fai, por si alguén que non o entendeu. Grazas.
Vémonos
pronto, xa queda menos.
Un
saúdo.
Fanny