Estamos nunha época de incertidumes, todos os días aparecen moitas noticias sobre os centros educativos nos medios 📺... pero aínda non hai nada claro. Nós só podemos facer o que está na nosa man: NON POÑERNOS EXPECTATIVAS NIN FACER CONXETURAS sobre o que vai pasar. Tempos que esperar sempre polas noticias oficiais que cando cheguen xa nos informarán dende o colexio, TANQUILIDADE!!
Que podemos facer os nenos e nenas? Intentar facer o que nos poñen os profes no blog, axudar na casa, facer cousas que nos gusten e motiven e SER MOI POSITIVOS!!! Todos os días temos que pensar cousas boas, podemos anotalas nun caderno📝 e titulalo AS MARABILLOSAS IDEAS DE... e así cando teñamos un día un pouco malo lelas para animarnos. Por exemplo, cousas positivas de todo isto: podemos pasar máis tempo coa nosa familia, hai moitas casas con arcoiris🌈 nas fiestras, podemos levantarnos un pouquiño máis tarde, non temos que oír o son agudo do timbre, fixen unha videochamada cun amig@📱, hoxe fai sol 🌞, aprendín algo novo, a planta botou unha flor🌼, fixemos unha comida especial🍝... sempre ides atopar cousas positivas de todo e o máis importante...SEMPRE QUEDARÁ UN DÍA MENOS! 💪💪