Ao rematar, repasaremos a comparación de fraccións xa traballada na
aula. Farémolo a través dunha actividade interactiva. Espero que vos sexa
doado. https://es.ixl.com/math/3-primaria/comparar-fracciones-usando-modelos Lembrádevos do emprego dos símbolos, a abertura (boca)
vai cara o número maior. Por exemplo 3 < 5.
A continuación, imos facer un cuestionario quizizz de ciencias da natureza
para repasar o tema das plantas. Acordádevos ides ao enlace https://quizizz.com/join e engadides o código
233927. A
continuación, poñedes “o voso nome” e iniciades o xogo dándolle a comezar.
Por certo non vos esquezades de
seguir anotando no voso diario as tarefas que ides facendo ao longo de cada
día, de repasar as táboas de multiplicar e de ler tódolos días. Hoxe vouvos suxerir unha lectura e a súa comprensión lectora a través do seguinte enlace https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/sol-luna
Moito ánimo e un saúdo.
Fanny.