Buscar este blog
Entrada destacada
Fondo libros e axuda material escolar
CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude: h...
20/12/12
19/12/12
Idade Moderna (6)
O século XVII marca o devalar da monarquía dos Austrias. As guerras en Europa, especialmente a guerra dos oitenta anos contra as Provincias Unidas (Holanda) e a guerra dos trinta anos, levan á ruina das finanzas da monarquía, que recorren a impostos cada vez máis abusivos e a levas masivas de homes para as guerras. A insatisfacción prende en Cataluña e en Portugal con revoltas que rematan con desigual sorte; Portugal procede á Restauración dunha monarquía propia, distinta dos Habsburgo, mentres a rebelión en Cataluña non ten a mesma fortuna e resulta aplastada polas tropas reais. Como consecuencia desta guerra a rexión do Roselló é separada do resto de Cataluña e remata en mans da monarquia Borbónica que reina en Francia.
A Paz de Westfalia consolida a monarquia francesa como a máis poderosa en Europa.
1625 Catalunya quere rebelarse
http://youtu.be/Y3UN7p2ZlUU
Restauração portuguesa - 1640
1641 O poder da fidalguía e a Guerra de Portugal (doc)
http://youtu.be/M9Qf7qxsYQg
18/12/12
UN NADAL RESPONSABLE
Nestas datas de excesos, debemos ser conscientes e tratar de facer un consumo responsable. Todos, grandes e pequen@s podemos! Lede con calma e reflexionade...
A lingua máis difícil do mundo
É realmente o galego a lingua máis difícil do mundo, tal e como nos contan estas nenas e nenos do Colexio Luís Vives de Ourense? O texto que len é de Sechu Sende, do libro Made in Galiza.
Difícil
13/12/12
Son "bichos" ou invertebrados?
Demostra todo o que sabes resolvendo todas as actividades. Concéntrate!
10/12/12
SABEDES QUEN É O APALPADOR?
Nos últimos anos, nas vilas de Galicia estase a recuperar o mítico personaxe do Apalpador. Este personaxe vivía nas altas montañas das serras orientais de Galicia e que nos días de inverno baixa ás aldeas e vilas dos vales para apalparlles a barriguiña ás meniñas e meniños por ver se comeran ben duranto todo o ano, achegándolles castañas e agasallos feitos a man.
O Apalpador, de profesión carboeiro, mora nas devesas das montañas do Courel e caracterízase físicamente por ser un xigante bonachón que viste boina e traxe esfarrapado e con remendos, fuma en pipa e se alimenta de bagas salvaxes e os porcos bravos que caza no monte.
Aquí tedes o conto do Apalpador para coñecelo un pouco mellor!
Premede no título deste conto para saber aínda máis:
ou escoitade o conto neste vídeo:
e nos esquenzades de mirar os vídeos!
Pero deixamos o xogo para o final. Preme AQUÍ é pásao ben.
Ou resolve o XOGO DE PREGUNTAS premendo AQUÍ.
Monólogo do Vello Traballador. Pucho Boedo
Monólogo do Vello Traballador. Pucho Boedo
http://www.youtube.com/watch?v=dfNKNAxba6o
Monólogo do vello traballador. Celso Emilio Ferreiro
Agora tomo o sol. Pero até agora
traballei cincoenta anos sin sosego.
Comín o pan suando día a día
nun labourar arreo.
Gastei o tempo co xornal dos sábados,
pasou a primavera, veu o inverno.
Dinlle ao patrón a frol do meu esforzo
i a miña mocedade. Nada teño.
O patrón está rico á miña conta,
eu, á súa, estou vello.
Ben pensado, o patrón todo mo debe.
Eu non lle debo
nin sequera iste sol que agora tomo.
Mentras o tomo, espero.
9/12/12
6/12/12
5/12/12
3/12/12
Idade Moderna (5)
Despois do total sometemento do reino galego por parte do reino castelán acontecido no S. XV, entrou o vello reino no século XVI non sendo outra cousa que un territorio máis da poderosa monarquía Aubsburgo, que nin tan sequera dispón de voto nas Cortes Castelás. Para sabermos algo máis sobre o noso país baixo o dominio da Casa de Austria preme aquí.
1610 Que eran os fidalgos? (Doc)
http://www.youtube.com/watch?v=jiBsqiAUvxY
1610 Mais historias de fidalgos (doc)
http://www.youtube.com/watch?v=IJ4TS3uhGVM
1621 O Conde de Lemos e o voto de Galicia en Cortes (doc)
http://www.youtube.com/watch?v=vA9YJ8EYaaM
1621 A inquisición e Maria Soliña (doc)
http://www.youtube.com/watch?v=937-_IIvIeo
María Soliña deu pé a un famoso poema de Celso Emilio Ferreiro, que foi musicado e interpretado por numerosos artistas.
Astarot tamén fixo, con outra letra, unha canción a María Soliña.
http://www.youtube.com/watch?v=OnhgaPFlNhU
2/12/12
NATURNOVA
@s nen@s de 3º e 4º visitamos un museo diferente. Este lugar mostraba e aprendiamos sobre a nosa contorna experimentando nós mesmos. Queredes saber como foi? Mirade esta pequena mostra.
NÓS TAMÉN RECICLAMOS
AQUÍ DEIXAMOS UNHA MOSTRA DUNHA DAS ACTIVIDADES DO PROXECTO COMÚN NO QUE ESTAMOS TRABALLANDO....EMPEZAMOS POR SEPARAR O LIXO PARA RECICLALA E REUTILIZALA!!!
29/11/12
28/11/12
Idade Moderna (4)
Para sabermos algo sobre Filipe II podemos seguir estes tres artigos na wikipedia: Filipe II de España, Filipe II de Espanha e Philip II of Spain. Este rei foi o primeiro que utizou o título de Hispaniarum et Indias Rex, Rei das Españas e das Indias. Foi o segundo monarca da súa dinastía, a Aubsburgo ou casa de Austria que ocupou nos séculos XVI e XVII o trono do que se coñece como Monarquía Hispánica ou Monarquía Católica.
Cando morre Filipe II en 1598 o Imperio da súa dinastía (coñecido como Imperio Español logo da separación do Sacro Imperio do que fora emperador seu pai Carlos V) tiña os pés ao longo do mundo e acadara a súa máxima extensión. Con todo xa se deran os primeiros síntomas de devalo no poder deste imperio.
1554 O reino está hipotecado (doc)
http://www.youtube.com/watch?v=SSZDBAoMxvk
1567 Estado de sitio
http://www.youtube.com/watch?v=DWaRVRBzH4A&feature=share&list=PLE2F18781DCAF3053
1570 Castela erma e deshabitada
http://www.youtube.com/watch?v=o0BtJMPj49o&feature=share&list=PLE2F18781DCAF3053
1578 Fai falla diñeiro, diñeiro, diñeiro...
http://www.youtube.com/watch?v=rXw3klpiQEM
1578 España necesita ouro
http://www.youtube.com/watch?v=gaL0FdvpP6k
1578 Un crime de estado
http://www.youtube.com/watch?v=vsAAaon_2R8
1580 Portugal é propiedade de Castela
http://www.youtube.com/watch?v=eAc3kSWJhC0
1589 A heroina Maria Pita (doc)
http://www.youtube.com/watch?v=hGFGtAPY8Mg
25/11/12
22/11/12
Idade Moderna (3)
1510 A decepción de Lutero
http://www.youtube.com/watch?v=IZNTvu5XW0Q
1517 As 95 tesis de Martín Lutero
http://www.youtube.com/watch?v=AdRljCQK0pg
1540 Os herexes ao lume
http://www.youtube.com/watch?v=WMKxoKhB5ZQ
1559 Unha historia do Santo Oficio
http://www.youtube.com/watch?v=7wQOWGMxffA
1567 O terror da Inquisición
http://www.youtube.com/watch?v=MGPPM9qGWEA
The Spanish Inquisition (Mel Brooks)
http://www.youtube.com/watch?v=TBxLwZPzCOk
La inquisicion española de Monty Python
http://www.youtube.com/watch?v=wuQ4CR4PEnA
21/11/12
Historia de amor entre unha folla e unha landra
Ano 2012. Centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro (3)
Deitado frente ao mar I
http://www.youtube.com/watch?v=HuVFIeddZLk
Deitado frente ao mar II
http://www.youtube.com/watch?v=JRMRo8y6sDE
19/11/12
COMO ME CHAMO?
Os máis cativos do cole, xa non son tan pequerrechos. Mirade que progresos fan e non deixedes de revisar o seu blogue:
http://infantilrandufe.blogspot.com.es/
Compostar, compostarei...
Os traballadores alumn@s de 2º ciclo foron procurar fentos para o abono que fará medrar as nosas verduriñas. Foi ben divertido traballar tod@s xunt@s!
[gallery link="file" order="DESC" columns="4"]
18/11/12
14/11/12
Ollos de aula nº 2, novembro de 2012
Un novo número da revista para as familias do alumnado editada pola CGENDL
Para que poden servir as reválidas?, entrevista co profesorado, eleccións a Consellos Escolares e outras moitas cousas.
En galego,... máis e mellor nº 36
Na portada outra diapositiva da presentación "O galego o noso medio natural": o intento de uso correcto do idioma contribúe a non perder formas auctóctonas creadas polo xenio histórico dun pobo.
No ano do centenario de Celso Emilio unha frase súa: O día que Galicia perda a súa lingua deixa de ser Galicia para ser outra cousa calquera.
No interior, recollendo os contidos dunha entrada de Edelingua, o blogue do EDLG do IES O Mosteirón de Sada, uns apuntamentos sobre a construción dos comparativos.
13/11/12
ANIMALADAS!
As alumnas e alumnos de 3º estiveron practicando as súas dotes de escritores. Aquí tedes algunhas adiviñas de animais así que si sabedes a resposta, deixade un comentario. Veña que podedes!
1. Son coma un león e teño os dentes afiados. (Iris)
2. Din que teño o pescozo longo e teño cornos. (Alejandra)
3. Son un mamífero e vivo nun río, que é? (Anxo)
4. Fun coma ti, son de cor marrón e salto un montón. (Iria)
5. Teño raias e bigote. (Marta)
6. Vivo en todos os oceanos e chego a ter moitos anos. (Claudia)
7. Son o rei da sabana. Son o máis grande. (Samuel)
8. Todos me chaman amigo e cos piratas vivo. (César)
9. Son coma un león pero sen melena e con raias. (Raquel)
10. Son avispado, para atacar o máis despistado. (Adrián)
11. Son moi alta, teño manchas e como follas. (Lorena)
12. Teño raias e teño garras. (Estela)
13. Gústame cazar, carne sempre como. (Melany)
14. Son coma unha cebra e teño bigote. (Nuria)
Pronto publicaremos algunhas máis. Moita sorte adiviñadores!!!!
12/11/12
Idade Moderna (2)
1506 Os novos reis de Castela
http://www.youtube.com/watch?v=lCU3KJFNrkg
1516 Carlos I, un partidazo (doc)
http://www.youtube.com/watch?v=lKDXHVLGW6E
1529 Carlos I, emperador poderoso (doc)
http://www.youtube.com/watch?v=KXo0BDiaoRg
1531 un monarca, unha espada, un imperio (doc)
http://www.youtube.com/watch?v=kW0JF1JnD5o
1519 Conquista de México
http://www.youtube.com/watch?v=AWb4TtJHO40
1532 A conquista do Perú
http://www.youtube.com/watch?v=CFpgULKJUAY
1533 A aventura extraordinaria de Cabeza de Vaca
http://www.youtube.com/watch?v=CGsFzqJcV8U
Da mesma maneira que un fillo ou filla recibe a herdanza dos seus país, os monarcas europeos recibían en herdanza as nacións e territorios nos que gobernaban.
Flow map: Carlos V - Felipe II
http://www.youtube.com/watch?v=n5Ljzpqzbzs
Celebración do III Día da Ciencia e a Tecnoloxía en Galego
III Día da Ciencia e a Tecnoloxía en Galego no CEIP de Randufe, novembro 2012
http://www.youtube.com/watch?v=oEl8oNl-jCc
8/11/12
7/11/12
6/11/12
UNHA CHEA DE FAMILIAS
As alumnas e alumnos de 3º preparamos este conto para os nos@s compañeir@s de 5º mais queremos compartilo con tod@s. Esperamos que vos guste!
Idade Moderna (1)
Renaissance Man
http://www.youtube.com/watch?v=9iYymHmcMqA
1492 o ovo de Colón
http://www.youtube.com/watch?v=n9Ee2tQ9IMw
1492 A expulsión dos xudeos
http://www.youtube.com/watch?v=BATAbSEZ0rM
1494 Tratado de Tordesillas: o reparto do mundo (doc)
http://www.youtube.com/watch?v=wxDJI2sqjUE
Flow map: Expansión ultramarina de Castela
http://www.youtube.com/watch?v=3fyygAy3gOk
Flow map: Expansión ultramarina de Portugal
http://www.youtube.com/watch?v=cH0B19ivrJA
La destrucción de las Indias - Bartolomé de las Casas - Viggo Mortensen
http://www.youtube.com/watch?v=11KTvrKKvFc
4/11/12
1/11/12
III Día da Ciencia e a Tecnoloxía en Galego
O Día da Ciencia en Galego ten como principal obxectivo reivindicar o uso do galego no ensino das materias cientificas. Esta celebración xurdiu no ano 2010 para denunciar a exclusión do uso do galego do ensino destas materias pola Xunta de Galicia, mediante un decreto, o 79/2010, que constitúe o maior ataque á normalización lingüística acometido polo goberno presidido por Alberto Núñez Feijóo.
Desde a primeira celebración escolléronse dúas figuras, unha delas un persoeiro galego para pór en destaque persoas, normalmente descoñecidas, que teñen feito achegas importantes no desenvolvemento da ciencia, a matemática ou a tecnoloxía. Este ano o Día da Ciencia e a Tecnoloxía en Galego esta adicado a Leonardo da Vinci e Ramón Verea.
Sobre o estradense Ramón Verea un mini documental do programa Tres 14 de TVE.
Sobre a máquina de calcular de Ramón Verea
Leonardo da Vinci e os seus inventos
http://www.youtube.com/watch?v=f0395_safmE&t=1m52s
31/10/12
30/10/12
Día da Biblioteca Escolar
O pasado 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca Escolar. Chisco, a nosa mascota da biblioteca, propúxonos un xogo.
Tiñamos que completar a frase "cando leo". Entre todas escollemos unha de cada clase e fixémoslle unha foto ao seu autor/a.
Con todas elas o Equipo de TICs compuxo este fabuloso vídeo.
http://www.youtube.com/watch?v=gAZIJnWEUNg
Todos xuntos puidemos ver o resultado nunha sesión especial xunto cun filme de Gerónimo Stilton.
Nós tamén contamos contos, e fomos polas distintas clases. Aquí temos a Sofía, contándollelo a todos, ¡ela soiña!
Estes son Hugo Ramos, Nerea, Ricardo, Hugo Acuña, Noé, Johanes, Daniel, Abel, Keila, Anxo,... Empregaron un Kamishibai (teatro de papel en xaponés) para contarnos o conto Dona Carme.
http://www.youtube.com/watch?v=SPGoMqS7bD0
Ao final, Chisco regalounos un marcapáxinas.
O Burato de Chisco está en marcha!
27/10/12
Magosto 2012
Ola a tod@s!
Un ano máis xa temos aquí o magosto. O vindeiro mércores 31 de outubro despediremos o mes coa festa do magosto na nosa escola, como preludio de catro días feriados nos que pasalo ben na Noite dos Calacús ou cando menos descansar.
Xa sabedes que as castañas tedes que traelas o mesmo día, e deben vir amosegadas para que non estouren ao asalas. Traede tamén un pouco de leña miúda, pico ou piñas. Está aberto asemade o concurso da castaña decorada, e podedes traer as vosas creacións artísticas desde o luns 29 até o mércores 31. Lembrade que cada obra non pode levar máis de doce dos saborosos froitos do castiñeiro.
Para prepararmos a festa non está de máis desfrutrar cuns poemas, adiviñas e ditos de outono. Ou uns refráns e lendas.
Coa castaña pódense facer moitas preparacións culinarias, mesmo algunha tan requintada como o marron glace.
http://www.youtube.com/watch?v=1UKdE_GjgJw
E se queredes máis historias e contos sobre as castañas, o magosto e o outono, seguide desfrutando con esta vella entrada deste mesmo blogue:
O verme das castañas...
24/10/12
NON TEÑO MEDO, SAMAÍN!
Agora xa chegou o outono, caeron as follas e o vento e a chuvia bateron nas castañas, pronto gozaremos da máis terorífica e divertidas das festas, o SAMAÍN! Esta celebración non é nova xa que contan que os celtas colocaban candeas no interior das caveiras dos seus inimigos. Aquí tedes diferentes arrepiantes recursos a vosa disposición.
Máis sobre o SAMAÍN (CEIP de Palmeira)
Tradición de traballar as cabazas (Cultura Galega.org)
Unidade didáctica 1º ciclo
Webquest sobre o SAMAIN
XOGO DO SAMAÍN C.E.I.P. Manuel Fraga( Cariño)
Actividades LIM do CEIP A Pedra (Bueu)
- Un Samaín de Conxuros (para os máis pequerrechos)
- Un Samaín de conxuros (para os máis grandiños)