As alumnas e alumnos de 3º estiveron practicando as súas dotes de escritores. Aquí tedes algunhas adiviñas de animais así que si sabedes a resposta, deixade un comentario. Veña que podedes!
1. Son coma un león e teño os dentes afiados. (Iris)
2. Din que teño o pescozo longo e teño cornos. (Alejandra)
3. Son un mamífero e vivo nun río, que é? (Anxo)
4. Fun coma ti, son de cor marrón e salto un montón. (Iria)
5. Teño raias e bigote. (Marta)
6. Vivo en todos os oceanos e chego a ter moitos anos. (Claudia)
7. Son o rei da sabana. Son o máis grande. (Samuel)
8. Todos me chaman amigo e cos piratas vivo. (César)
9. Son coma un león pero sen melena e con raias. (Raquel)
10. Son avispado, para atacar o máis despistado. (Adrián)
11. Son moi alta, teño manchas e como follas. (Lorena)
12. Teño raias e teño garras. (Estela)
13. Gústame cazar, carne sempre como. (Melany)
14. Son coma unha cebra e teño bigote. (Nuria)