Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

1/11/12

III Día da Ciencia e a Tecnoloxía en Galego



 

O Día da Ciencia en Galego ten como principal obxectivo reivindicar o uso do galego no ensino das materias cientificas. Esta celebración xurdiu no ano 2010 para denunciar a exclusión do uso do galego do ensino destas materias pola Xunta de Galicia, mediante un decreto, o 79/2010, que constitúe o maior ataque á normalización lingüística acometido polo goberno presidido por Alberto Núñez Feijóo.


Desde a primeira celebración escolléronse dúas figuras, unha delas un persoeiro galego para pór en destaque persoas, normalmente descoñecidas, que teñen feito achegas importantes no desenvolvemento da ciencia, a matemática ou a tecnoloxía. Este ano o Día da Ciencia e a Tecnoloxía en Galego esta adicado a Leonardo da Vinci  e Ramón Verea.


Sobre o estradense Ramón Verea un mini documental do programa Tres 14 de TVE.


 
tres14 - La primera calculadora que multiplicaba Ver vídeotres14 - La primera calculadora que multiplicaba


Sobre a máquina de calcular de Ramón Verea


 

Leonardo da Vinci e os seus inventos


 

http://www.youtube.com/watch?v=f0395_safmE&t=1m52s