Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

30/10/12

Día da Biblioteca Escolar

O pasado 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca Escolar. Chisco, a nosa mascota da biblioteca, propúxonos un xogo.



Tiñamos que completar a frase "cando leo". Entre todas escollemos unha de cada clase e fixémoslle unha foto ao seu autor/a.


Con todas elas o Equipo de TICs compuxo este fabuloso vídeo.


http://www.youtube.com/watch?v=gAZIJnWEUNg

Todos xuntos puidemos ver o resultado nunha sesión especial xunto cun filme de Gerónimo Stilton.




Nós tamén contamos contos, e fomos polas distintas clases. Aquí temos a Sofía, contándollelo a todos, ¡ela soiña!






 

Estes son Hugo Ramos, Nerea, Ricardo, Hugo Acuña, Noé, Johanes, Daniel, Abel, Keila, Anxo,... Empregaron un Kamishibai (teatro de papel en xaponés) para contarnos o conto Dona Carme.


 

http://www.youtube.com/watch?v=SPGoMqS7bD0

 

Ao final, Chisco regalounos un marcapáxinas.




O Burato de Chisco está en marcha!