Na aula de 6º limos esta historia de Miguel Anxo Prado en Banda Deseñada. Unha historia ambientada nos tempos da burbulla inmobiliaria anterior á actual crise, na que unha familia urbanita galega recibe en herdanza unha vella casa rural coa que intentan tirar moito beneficio económico. Os personaxes e as situacións que van aparecendo son prototípicas: un alcalde corrupto, un construtor sen escrúpulos, unha administración que non ten interese ningún en protexer o patrimonio,..., burocracia absurda e moreas de ignorancia. Unha historia que reflicte moi ben os anos da especulación inmobiliaria e as desfeitas urbanísticas no noso país.
A Mansión dos Pampín - Versión dramatizada from Proxectoterra on Vimeo.