CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude: h...
9/1/13
"En galego, ...máis e mellor" nº 37
Na portada recollemos, unha vez máis, outra diapositiva da presentación "O galego, o noso medio natural", que recolle de obriga dos poderes públicos a potenciar a nosa lingua propia; o mesmo que teñen a obriga de protexer os ecosistemas e mellorar o medio ambiente.
Na contraportada, unha imaxe recollida dunha iniciativa desenvolvida no Culturgal celebrado recentemente en Pontevedra, no que baixo o lema "Gústame" fóronse fotografando numerosas persoas con cartaces en prol do uso do galego. Tamén unha viñeta do coñecido Carrabouxo, do humorista Xosé Lois, que reflicte con ironía a situación legal na que quedaría o galego segundo a proposta de lei, coñecida como LOMCE, do ministro español José Ignacio Wert.
No interior recóllense unhas palabras segundo se escriban con uve ou be, de acordo coas normas oficiais da RAG.