Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

29/1/13

Idade Moderna (9)

O século XVIII comezou cunha guerra europea, a Guerra de Sucesión española, que trouxo a dinastía borbónica ao trono da monarquía hispánica.


 

1703 A Guerra de Sucesión (doc)



A chegada dos Borbóns trouxo a imposición das leis castelás e do idioma de Castela sobre os reinos da antiga Coroa de Aragón. Así estes países padeceron a partir deste momento o mesmo proceso de imposición que padeceu Galiza a partir do século XV. A ferramenta xurídica foron os Decretos de Nueva Planta.


1715 Austrias e Borbóns



1710 Os ministros de Felipe V (doc)



1759 Carlos III novo rei de España (doc)



1763 O programa reformista de Carlos III (doc)



En 1788, xusto ano antes da Revolución Francesa, morre Carlos III e accede ao trono o seu fillo Carlos IV. Os vinte anos deste reinado estiveron marcados polo goberno de Manuel Godoy, nomeado primeiro ministro ou ministro universal (tamén Príncipe de la Paz) polo rei Carlos IV.


1790 Intrigas na corte de Carlos IV



A revolución francesa trouxo a desaparición da monarquía borbónica en Francia e os conseguintes pactos de familia que mantiñan cos Borbóns do trono español. Porén as alianzas con Francia volveron a estabelecerse en pouco tempo xa con Napoleón liderando Francia. Asínanse varios tratados con Francia que trouxeron entrar de cheo nas guerras napoleónicas. Primeiro foron os Tratados de S. ildefonso e Aranjuez e posteriormente o Tratado de Fontainebleau que trouxo tropas francesas á Península Ibérica.


1807 Conspiración no Escorial




 

1808 O motín de Aranjuez




 

1808 Fernando VII é o novo rei de España




 

1808 O plan de Napoleón




 

1808 Reunión de familia en Bayona