Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

29/1/13

Idade Moderna (9)

O século XVIII comezou cunha guerra europea, a Guerra de Sucesión española, que trouxo a dinastía borbónica ao trono da monarquía hispánica.


 

1703 A Guerra de Sucesión (doc)



A chegada dos Borbóns trouxo a imposición das leis castelás e do idioma de Castela sobre os reinos da antiga Coroa de Aragón. Así estes países padeceron a partir deste momento o mesmo proceso de imposición que padeceu Galiza a partir do século XV. A ferramenta xurídica foron os Decretos de Nueva Planta.


1715 Austrias e Borbóns



1710 Os ministros de Felipe V (doc)



1759 Carlos III novo rei de España (doc)



1763 O programa reformista de Carlos III (doc)



En 1788, xusto ano antes da Revolución Francesa, morre Carlos III e accede ao trono o seu fillo Carlos IV. Os vinte anos deste reinado estiveron marcados polo goberno de Manuel Godoy, nomeado primeiro ministro ou ministro universal (tamén Príncipe de la Paz) polo rei Carlos IV.


1790 Intrigas na corte de Carlos IV



A revolución francesa trouxo a desaparición da monarquía borbónica en Francia e os conseguintes pactos de familia que mantiñan cos Borbóns do trono español. Porén as alianzas con Francia volveron a estabelecerse en pouco tempo xa con Napoleón liderando Francia. Asínanse varios tratados con Francia que trouxeron entrar de cheo nas guerras napoleónicas. Primeiro foron os Tratados de S. ildefonso e Aranjuez e posteriormente o Tratado de Fontainebleau que trouxo tropas francesas á Península Ibérica.


1807 Conspiración no Escorial




 

1808 O motín de Aranjuez




 

1808 Fernando VII é o novo rei de España




 

1808 O plan de Napoleón




 

1808 Reunión de familia en Bayona


24/1/13

NIN OS CIENTÍFICOS DA NASA SABEN TANTO...

Estamos comezando os nosos proxectos pero,  moi ilusionad@s! Para "abrir boca", aquí deixo os primeiros xogos especiais e espaciais!



12/1/13

MONDRIAN E A SÚA VISIÓN DA REALIDADE

Na aula de 3º estamos experimentando coa arte de Mondrian. A súa obra está inspirando os nosos traballos. Pronto saberedes máis dos nosos resultados pero mentras...


 

9/1/13

"En galego, ...máis e mellor" nº 37


Na portada recollemos, unha vez máis, outra diapositiva da presentación "O galego, o noso medio natural", que recolle de obriga dos poderes públicos a potenciar a nosa lingua propia; o mesmo que teñen a obriga de protexer os ecosistemas e mellorar o medio ambiente.



Na contraportada, unha imaxe recollida dunha iniciativa desenvolvida no Culturgal celebrado recentemente en Pontevedra, no que baixo o lema "Gústame" fóronse fotografando numerosas persoas con cartaces en prol do uso do galego. Tamén unha viñeta do coñecido Carrabouxo, do humorista Xosé Lois, que reflicte con ironía a situación legal na que quedaría o galego segundo a proposta de lei, coñecida como LOMCE, do ministro español José Ignacio Wert.


No interior recóllense unhas palabras segundo se escriban con uve ou be, de acordo coas normas oficiais da RAG.






Para sabermos máis sobre a ortografía de bes e uves:


Ben falado. Bes e uves en galego




 



 



 



 

Se vou a Bueu nun bou, vou; se non vou nun bou, non vou


 

Grados del adjetivo

8/1/13

Sr. Xorda. Caxade

Sr. Xorda. Caxade


 

http://www.youtube.com/watch?v=5AF5_JuxuO4

 

Idade Moderna (7)

A rápida expansión da colonización castelá en América foi produto de numerosas iniciativas privadas que con autorización real podían ocupar territorios e explotar a man de obra indíxena. A figura xurídica na que se baseaba esta explotación era "La encomienda".


La Encomienda española, los esclavos cristianos.




 

A "importación" de africanos escravizados foi outra das "achegas" europeas que forneceu man de obra na América colonial, tanto nas colonias da monarquía hispánica, como nas colonias portuguesas, inglesas, holandesas e francesas.


 

La trata de negros




 

O papel da Igrexa na conquista e colonización de América foi determinante. O obxectivo de cristianización servía de xustificación da empresa colonial.


 

Cómo acabar coa relixión dos aztecas




 

Exterminar os deuses indíxenas


http://youtu.be/w4Ly88Set9E

 

Ademais dos indios americanos e da poboación de orixe africana escravizada, a América colonial hispana contaba tamén con mestizos e mulatos nunha sociedade de castas onde a cor da pel e a orixe determinaban a situación social.


 

Mestizos


http://www.youtube.com/watch?v=gDq_LxYxCrk&feature=share&list=PL3E9D3DFAF9312BFE

Ser mulato no Perú


http://youtu.be/VnSY6T8J9GU