Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

26/9/16

Resultados Olimpíada Musical (2)

Con 81 votos a canción gañadora foi Pode ser, en segundo lugar con 32 votos Havemos ir a Viana e en terceira posición Bo Nadal no reino animal con 31. Houbo tamén 2 votos en branco.

25/9/16

O CORPO HUMANO

Os alumnos e alumnas de  Terceiro imos aprender un pouco máis sobre o corpo humano practicando con estes divertidos xogos! Ánimo, é moi sinxelo!


https://www.youtube.com/watch?v=Taqqit8YxT4

cuerpo01

 

cuerpo02

 

Olimpíada Musical (3)

Esta semana traemos tres cancións do libro-disco María Fumaça para que escollades a vosa preferida.


Alegría



Fun ao mercado



Tem pouca diferença


Visitamos Rozacús

A semana pasada os cursos de 6º e 5º de primaria fixemos un saída acompañados por Ramón, o presidente da Comunidade de Montes de Randufe, na que nos achegamos até as pedras de Rozacús, pasando polo Alto do Coello e polo comezo dos viñedos do Remesal.


img-20160920-wa0000

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

[caption id="attachment_7256" align="alignleft" width="300"]OLYMPUS DIGITAL CAMERA Nestas tres imaxes o alumnado enriba da pedra de Rozacús.[/caption]

Nas seguintes imaxes detalles dalgúns dos gravados.

img-20160920-wa0001

 

img-20160920-wa0008

img-20160920-wa0009

[caption id="attachment_7260" align="alignnone" width="300"]OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Botamos en falla uns paneis explicativos coa reprodución dos gravados e da situación das rochas, así como sinalizacións. En calquera caso pasámolo ben e fixemos un novo amigo, un can que se nos achegou polo camiño e que xa non nos abandonou en todo o percorrido; de nome puxémoslle Coco.


[/caption]

 

21/9/16

Resultados Olimpíada Musical (1)

A canción gañadora con 77 votos foi Meu amor estoupa. En segundo lugar, con 45 votos do alumnado da escola, a canción Todos somos capitáns. En terceira posición con 20 votos Eu falo así.

18/9/16

Conto: A casa que fixo Xan

En Terceiro comezamos o curso aprendendo de memoria un conto acumulativo. Podedes practicar na casa con este divertido xogo! Ánimo!

acasa

Olimpíada musical (2)

Esta semana traemos tres cancións dun artista tudense; falamos de Victor Abundancia, máis coñecido como Victor Coyote. As dúas primeiras son clásicos temas do vello programa Xabarín Club, "Pode Ser" e "Bo Nadal no Reino Animal" na que está acompañado do televisivo porco bravo. Na terceira, acompañado pola cantora Rita Braga, escoitaremos "Havemos ir a Viana"; cantada no galego que falan no sur do Miño e que, con toda lexitimidade, chámase portugués.


Pode ser



Bo Nadal no Reino Animal



Havemos ir a Viana


11/9/16

Xogo. Volta á escola

volta-a-escola

Excursión a Rozacús

Se o tempo climatolóxico nos deixar, esta semana faremos unha saída moi pertiño da escola. Visitaremos os petróglifos (si, pronunciado así, que é palabra esdrúxula) de Rozacús. Son seis rochas situadas no lugar de Fontiñas, nunha aba do monte do "Alto do Coello", gravadas con variedade de signos; unha delas recibe o nome de Rozacús porque foi tradición de moitas xeracións de nenos e nenas o seu uso como tobogán, xa que logo, por asimilación o conxunto recibe o nome de Petróglifos de Rozacús. Non se coñece con exactitude a súa idade mais pódese supor que, como a maioría dos petróglifos galegos, a súa cronoloxía está entre o III e o II milenio a.C.


rozacus-imaxe

En Galiza son numerosos os lugares onde achar estes gravados na pedra, sen ir moi lonxe e perto de Malvas están os petróglifos do Monte Tetón no concello de Tomiño.


OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Un lugar especialmente requintado nestes gravados na pedra está en Campo Lameiro, no que se construíu o Parque Arqueolóxico que podedes ollar no seguinte vídeo.



No Blogue Tudensia hai máis información.

7/9/16

Olimpíada Musical (1)


Comeza o concurso! Desde hoxe até o venres tes tempo de pensar cal das tres é a mellor canción. Escoítaas e escolle. Hoxe traemos tres bonitas cancións de Magín Blanco.


Todos somos capitáns



Eu falo así



Meu amor estoupa


Benvido o novo curso!

Xa chegou setembro e comeza un novo curso. Esperamos que o pasedes moi ben e desfrutedes. Comezamos o día 12.


muralRANDUFE