Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

11/9/16

Excursión a Rozacús

Se o tempo climatolóxico nos deixar, esta semana faremos unha saída moi pertiño da escola. Visitaremos os petróglifos (si, pronunciado así, que é palabra esdrúxula) de Rozacús. Son seis rochas situadas no lugar de Fontiñas, nunha aba do monte do "Alto do Coello", gravadas con variedade de signos; unha delas recibe o nome de Rozacús porque foi tradición de moitas xeracións de nenos e nenas o seu uso como tobogán, xa que logo, por asimilación o conxunto recibe o nome de Petróglifos de Rozacús. Non se coñece con exactitude a súa idade mais pódese supor que, como a maioría dos petróglifos galegos, a súa cronoloxía está entre o III e o II milenio a.C.


rozacus-imaxe

En Galiza son numerosos os lugares onde achar estes gravados na pedra, sen ir moi lonxe e perto de Malvas están os petróglifos do Monte Tetón no concello de Tomiño.


OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Un lugar especialmente requintado nestes gravados na pedra está en Campo Lameiro, no que se construíu o Parque Arqueolóxico que podedes ollar no seguinte vídeo.



No Blogue Tudensia hai máis información.