No número de novembro traemos á portada o poema A fala de Manuel María, e non será o último que recolleremos este curso, por ser o autor chairego a figura a quen se dedica o Día das Letras Galegas de 2016. Este poema foimusicadopolo grupo Milladoiro e tamén por Roi Casal, versión que podedes ollar e escoitar neste vídeo.
No interior do boletín resólvense unhas dúbidas sobre a escrita correcta dalgúns números e tamén sobre as dúas formas de nomear os días da semana no noso idioma. Ao respecto dos nomes dos días dicir que as dúas versións son correctas,perfectamente galegase que as denominacións por "feiras" foron de uso habitual en moitas zonas do noso país, se ben de forma incompleta, até non hai moitos anos. Un vídeo realizado pola Gentalha do Pichel recolle a testemuña do seu uso.
Na contracapa unha desas imaxes que cazamos pola rede en prol do galego e unhaviñeta deXaquín Marínonde co humor e a ironía que lle caracteriza reflicte como os poderes públicos que teñen a obriga de pular pola lingua do país en realidade están coutando o seu desenvolvemento.
E xa que estamos cos números este vídeo vai para os máis cativos da escola.