O pasado 11 de xuño tivemos a gran oportunidade de coñecer, grazas a videoconferencia, á polifacética Teté Delgado que compartiu connosco o seu tempo e permitiu que as alumnas e alumnos de 2º ciclo, por un día, foran xornalistas. Queremos agradecerlle moitísimo o agarimo co que participou na actividade e convidala a repetir en calquera ocasión xa que foi moi enriquecedora.
O pasado mércores 5 de xuño o alumnado de 3º ciclo visitou as instalacións de piragüismo do Club Kayak Tudense. E tiveron a oportunidade de dar un paseo polo Miño.
María Teresa Delgado Criado, máis coñecida como Teté Delgado, nada en Ferrol o 28 de xuño de 1965, é unha actriz, cantante e presentadora galega. É vocalista do grupo Teté y los Ciclones.
Realizou numerosos traballos como actriz e presentadora tanto dentro como fóra de Galicia.
A popularidade chegoulle co seu papel na serie El Súper, emitida por Telecinco. Dende aquela non parou de traballar en teatro e, sobre todo, en televisión. As súas aparicións en cinema foron máis limitadas, con papeis pequenos, aínda que si foi protagonista de varias curtametraxes.
O seu seguinte proxecto foi Ellas y el sexo débil, serie estrelada por Ana Obregón durante o outono de 2007 para a Antena 3. Ese mesmo ano regresou con éxito á TVG, como presentadora do concurso musical Son de estrelas, que tivo unha boa acollida por parte do público.