Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

2/6/13

Teté Delgado

María Teresa Delgado Criado, máis coñecida como Teté Delgado, nada en Ferrol o 28 de xuño de 1965, é unha actriz, cantante e presentadora galega. É vocalista do grupo Teté y los Ciclones.

Realizou numerosos traballos como actriz e presentadora tanto dentro como fóra de Galicia.

A popularidade chegoulle co seu papel na serie El Súper, emitida por Telecinco. Dende aquela non parou de traballar en teatro e, sobre todo, en televisión. As súas aparicións en cinema foron máis limitadas, con papeis pequenos, aínda que si foi protagonista de varias curtametraxes.

Colaborou como xurado no programa de TVE ¡Mira quién baila!, ademais de protagonizar xunto a Luis Merlo a obra teatral Gorda, entre 2005 e 2007.

O seu seguinte proxecto foi Ellas y el sexo débil, serie estrelada por Ana Obregón durante o outono de 2007 para a Antena 3. Ese mesmo ano regresou con éxito á TVG, como presentadora do concurso musical Son de estrelas, que tivo unha boa acollida por parte do público.

Entre 2009 e 2011 foi protagonista xunto a Pepe Viyuela e Asunción Balaguer da versión teatral de El pisito, a partir dun guión de Rafael Azcona.

Actualmente é cantante de Teté y los Ciclones. Anteriormente tivo un grupo de rock que se chamaba Teté y los Supremos.

Podedes ver estes vídeos onde repasamos algúns dos seus traballos profesionais:

TEATRO




TEATRO MUSICAL




TELEVISIÓN


 

 

 


MÚSICA





CINE


         

 

 

 

 

 

 

Tamén podedes visitar a páxina web do seu último proxecto profesional: Teté y los Ciclones.