Co gallo do Día das Letras Galegas Roberto Vidal Bolaño ocupa a portada do boletín de maio. Na contraportada a fotografía dun mural nunha parede de formigón onde recolle unha cita de Castelao: Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma.
Tamén unha viñeta de Xaquín Marín moi acaida ao que para algúns supón a data do 17 de maio, o día de celebrar un idioma que ignoran o resto do ano.
No interior, recollido do libro Made in Galiza de Sechu Sende, o prospecto dunha medicina chamada Lingua Galega. A advertencia destacada é a seguinte: