O caligrama é un poema visual no que as palabras "debuxan" ou
conforman un personaxe, un animal,unha paisaxe ou calquera
obxecto imaxinable. As súas orixes remóntanse á antigüidade
pero foi Guillaume Apollinaire, poeta vangardista, o que puxo
de moda os caligramas no século XX.
Como os facemos?
Para crear un caligrama temos que partir dunha idea, unha
palabra, unha expresión ou un obxecto que haberá primeiro que
transformar en imaxe. O punto de partido será o debuxo que
represente unha idea orixinal, para despois escribir un poema
ou as túas ideas seguindo o contorno ou enchendo o seu perfil.
Ao final, débense borrar as liñas do debuxo para que só se
vexa a figura cos seus versos.
Mirade estes exemplos:
[gallery link="file" order="DESC" columns="4"]
Tamén podes ver este libro dixital creado polo CRA Retama:
Tamén podes probar este xogo que practica algúns caligramas xa creados. TRATA DE CONSEGUILO!