Buscar este blog

25/2/19

En galego,... máis e mellor nº 77, febreiro 2019

O número de febreiro trae na capa unha imaxe, asinada pola Marcha mundial das mulleres, que recolle uns versos do poema Lieders de Rosalía de Castro con motivo do Día de Rosalía.

Lieders, que podedes ler nesta ligazón, é con seguridade o primeiro manifesto feminista publicado en Galiza, un canto de liberdade.

No interior uns apuntamentos sobre o uso de SENÓN e SE NON.

E na contracapa un requirimento dirixido aos adultos, moi necesario no noso país.

Con motivo de Día de Rosalía, musicos estradensenses realizaron este fermoso vídeo

  E MJ Pérez fixo este vídeo co poema Castellanos de Castilla