Buscar este blog
Entrada destacada
Fondo libros e axuda material escolar
CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude: h...
31/1/17
30/1/17
Resultados Olimpíada Musical (18)
Un só voto de deiferenza 31 a 30 deu a vitoria desta semana a Festa Malandrómica fronte a Arder. Con 13 votos ficou Misión de Audaces. Houbo tamén 12 en branco.
29/1/17
Olimpíada Musical (19)
Esta semana na Olimpíada Musical un grupo Barbanzón: Heredeiros da Crus.
De Ghalisia ao estranxeiro
https://youtu.be/Jn8ShPF9x_I
Íscalle Lura
https://youtu.be/ACPIY5l78RE
Que "Ghallo" é
https://www.youtube.com/watch?v=FdFRRe0Iw_U
Día Escolar para a non Violencia e a Paz
Como xa sabedes, todos os anos, o día 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, recoñecido pola Unesco dende 1933.
Nesta data recórdase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.
Para conmemorar este día, este ano, no colexio de Randufe coñecimos a historia de “O Principiño”, un libro escrito por Antoine de Saint-Exupéry e traducido ao galego por Carlos Casares.
“O Principiño” recórdanos os valores da amizade, tolerancia, solidariedade...
Nesta data recórdase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.
Para conmemorar este día, este ano, no colexio de Randufe coñecimos a historia de “O Principiño”, un libro escrito por Antoine de Saint-Exupéry e traducido ao galego por Carlos Casares.
“O Principiño” recórdanos os valores da amizade, tolerancia, solidariedade...
Outros contos
27/1/17
Formigas, misión Barcelona
Hai tempo, nesta escola, faciamos unha publicación chamada "O Berce de papel". Nela os nenos e as nenas do cole contaban cousas dalgún libro. Agora os nenos de 5º de primaria fixeron un video contándonos cousas deste libro,"Formigas, misión Barcelona".
Botádelle un ollo a ver se vos gusta, e lembrade. Tedes o libro na biblioteca do cole.......
https://youtu.be/dySTq6-cokE
Botádelle un ollo a ver se vos gusta, e lembrade. Tedes o libro na biblioteca do cole.......
https://youtu.be/dySTq6-cokE
23/1/17
Olimpíada Musical (18)
Ataque Escampe, un grupo con máis dunha década de historia e que conta co tudense Samuel Solleiro entre os seus membros, acompáñanos esta semana na Olimpíada Musical.
Arder
https://youtu.be/dGJ46VjPhm4
Misión de audaces
https://youtu.be/oIPmk7X_nZA
Festa Malandrómica
https://youtu.be/lnuH3WFiKkE
20/1/17
Resultados Olimpíada Musical (17)
Con 51 votos Na iauga foi a gañadora esta semana. Con 44 votos ficou en segunda posición Dance like a galician e con 16 votos, en terceira posición, Voltar. Houbo tamén 7 votos en branco.
19/1/17
En galego,... máis e mellor nº 64
O debuxante Luís Davila ilustra este calendario editado pola Universidade de Vigo no que emprega o humor contra os prexuízos lingüísticos; algunhas destas ilustracións no noso boletín. No interior seguimos con ditos e frases feitas.
16/1/17
Resultados Olimpíada Musical (16)
A canción gañadora foi Que calor con 56 votos, Non teño diñeiro acadou 39 e Non todo é o que parece 34. Houbo 7 votos brancos.
15/1/17
Olimpíada Musical (17)
Da diáspora galega chega esta agrupación belga, chamada Ialma.
Voltar
https://youtu.be/T-PvdkNvWn0
Na iauga
https://youtu.be/Xvsquo3V4Aw
Dance like a galician
https://youtu.be/mvUNrEOABYg
11/1/17
Resultados Olimpíada Musical (15)
A gañadora foi O Apalpador de Paco Nogueiras con 42 votos, seguida de O Apalpador de Malvela con 37 e 26 votos para Volver a casa por Nadal. Houbo tamén 16 votos brancos.
8/1/17
Olimpíada Musical (16)
Comezamos o ano cun grupo que nos chega de Vigo, Aerolíneas Federales, unha banda fundada nos anos oitenta e que formou parte diso que se deu en chamar movida viguesa.
Non todo é o que parece
Non teño diñeiro
Que calor
Suscribirse a:
Entradas (Atom)