CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude: h...
13/11/16
En galego,... máis e mellor nº 63
Houbo un tempo, cando Messi e Cristiano Ronaldo estaban en educación infantil, en que un equipo galego de fútbol estaba ao máis alto nivel, rivalizando co FC Barcelona, naquel tempo adestrado por Johan Cruiff, e co Real Madrid. Estamos a falar do Deportivo da Coruña, que naqueles anos gañou a liga na tempada 1999/2000 e foi subcampión na 1993/94 e 1994/95; tamén gañou dúas Copas do Rei, unha na tempada 1994/95 e outra na 2001/02, esta última derrotando ao Real Madrid no seu propio estadio madrileño. Naquel "Depor" xogaban entre outros Fran e José Ramón, dous irmáns aos que podemos ollar no seguinte vídeo cantando Lume de Biqueira cos Diplomáticos de Monte Alto.
Pois Lume de Biqueira é unha expresión que da nome ao contido que leva no interior este En galego,... máis e mellor. Na capa un fermoso poema de Manuel María que di que "só en galego se pode comprender e posuír a total plenitude desta terra", e na contracapa dúas viñetas de Xaquín Marín.