Buscar este blog

Entrada destacada

Fondo libros e axuda material escolar

CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude:  h...

28/11/16

Resultados Olimpíada Musical (11)

A gañadora foi A infancia con 86 votos, en 2ª posición Grelo 66 con 45 e de 3ª O tempo que perdín con 12 votos. 8 votos en branco e 1 nulo.

Olimpíada Musical (12)

NARF


Esta semana a Olimpíada Musical vai dedica a Fran Pérez "Narf", recentemente falecido. Acompañando as tres cancións vén un filme de animación, O labirinto dos soños, con música da autoría de Narf.



Asubío


https://youtu.be/A6bDI4q0mL4

Santiago


https://youtu.be/wFB0WKIf-Uw

Onda soante


https://youtu.be/kSlYx_dkVGA

21/11/16

Resultados Olimpíada Musical (10)

Con 119 votos gañou Miña abuela Manuela. 17 votos para O que hai que facer e 10 para O corpo, 2 votos en branco.

15/11/16

Resultados Olimpíada Musical (9)

A canción gañadora é Co xenio destrozado con 79 votos. Con 41 Labregha Berghantiñana e con 28 Milonga de aquí. Houbo 6 votos en branco.

13/11/16

En galego,... máis e mellor nº 63

Houbo un tempo, cando Messi e Cristiano Ronaldo estaban en educación infantil, en que un equipo galego de fútbol estaba ao máis alto nivel, rivalizando co FC Barcelona, naquel tempo adestrado por Johan Cruiff, e co Real Madrid. Estamos a falar do Deportivo da Coruña, que naqueles anos gañou a liga na tempada 1999/2000 e foi subcampión na 1993/94 e 1994/95; tamén gañou dúas Copas do Rei, unha na tempada 1994/95 e outra na 2001/02, esta última derrotando ao Real Madrid no seu propio estadio madrileño. Naquel "Depor" xogaban entre outros Fran e José Ramón, dous irmáns aos que podemos ollar no seguinte vídeo cantando Lume de Biqueira cos Diplomáticos de Monte Alto.



Pois Lume de Biqueira é unha expresión que da nome ao contido que leva no interior este En galego,... máis e mellor. Na capa un fermoso poema de Manuel María que di que "só en galego se pode comprender e posuír a total plenitude desta terra", e na contracapa dúas viñetas de Xaquín Marín.



Olimpíada musical (10)

Migallas


O corpo



Miña abuela Manuela



O que hai que facer


10/11/16

VII Día da Ciencia en Galego

Aínda que cunha semana da atraso respecto da súa data oficial, non vai pasar este ano sen que celebremos o Día da Ciencia en Galego, que vai xa pola súa sétima edición. Nesta ocasión as figuras homenaxeadas son Gregor Mendel e Cruz Gallástegui.


carteldcg1-2016

 Mendel foi un xenetista que deduciu unhas leis da herdanza a partir dos seus estudos experimentais con chícharos.


gallastegui

Gallástegui foi un enxeñeiro agrónomo e veterinario pioneiro na investigación con híbridos do millo e grande impulsor da modernización agrícola en Galiza.


 

Ambas as figuras teñen moito a ver coa agricultura e a un tipo de plantas agrícolas está dedicado este ano 2016 por parte da Organización das Nacións Unidas (ONU) e da súa Organización para a Alimentación e Agricultura (FAO) como Ano Internacional dos Legumes.



Para celebrar o Día da Ciencia en Galego non só coñeceremos moitas cousas sobre Mendel, Gallástegui e os legumes, tamén as plantaremos na horta e en bandexas para sementes. E non esquezamos que o Día da Ciencia en Galego foi instituído en 2010 para reclamar o dereito a impartir e recibir en idioma galego o ensino das matemáticas, da tecnoloxía e das ciencias en xeral.


legumes

7/11/16

Sinónimos e antónimos

Aquí vos deixamos uns entretenidos xogos para aprender sinónimos e antónimos


sinonimos01

sinonimos02

4/11/16

Resultados Olimpíada Musical (8)

A canción que gañou foi Manola, nada máis e nada menos que 90 votos. Con 36 ficou en segunda posición Eu teño alguén e de terceira Os números con 21. 6 foron os votos en branco.

2/11/16

Fauna do Monte Aloia

Os alumn@s de  3º e 4º podemos aprender algo máis sobre a fauna do Monte Aloia a través desta presentación.



1/11/16

Olimpíada Musical (8)

Do libro-disco Xiqui Xoque, Fiú Fiú de María Fumaça.


Eu teño alguén



Manola



Os números


Tempo de Samaín!

Así decoramos os alumnos de Terceiro a porta da nosa aula na festa do Samaín!


samain22 samain21 samain20 samain19 samain18 samain17 samain16 samain15 samain14 samain13 samain12 samain11 samain10 samain9 samain8 samain7 samain6 samain5 samain4 samain3 samain2 samain1