Iria Rey Pereira, alumna de 6º de Primaria do noso Centro resultou gañadora na súa categoría do concurso de debuxo infantil COMO MOLAN OS MEUS PÉS!
Despois de ler na clase o libro TEÑO UNS PÉS PERFECTOS da escritora María Solar, participamos no concurso organizado polos colexios oficiais de podólogos de Asturias e Galicia.
Hoxe, 22 de abril, Iria recollerá o seu premio en Ribadeo no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo.
NORABOA IRIA!