Buscar este blog
Entrada destacada
Fondo libros e axuda material escolar
CONVOCATORIA FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021 Orde 12 de maio de 2020 Acceso a solicitude: h...
22/12/15
14/12/15
CHEGA O APALPADOR
Nos últimos anos, nas vilas de Galicia estase a recuperar o mítico personaxe do Apalpador. Este personaxe vivía nas altas montañas das serras orientais de Galicia e que nos días de inverno baixa ás aldeas e vilas dos vales para apalparlles a barriguiña ás meniñas e meniños por ver se comeran ben duranto todo o ano, achegándolles castañas e agasallos feitos a man.
O Apalpador, de profesión carboeiro, mora nas devesas das montañas do Courel e caracterízase físicamente por ser un xigante bonachón que viste boina e traxe esfarrapado e con remendos, fuma en pipa e se alimenta de bagas salvaxes e os porcos bravos que caza no monte.
Pero deixamos o xogo para o final. Preme AQUÍ é pásao ben.
Ou resolve o XOGO DE PREGUNTAS premendo AQUÍ.
11/12/15
PROXECTO MANUEL MARÍA
A escola de Randufe está traballando a senlleira figura de Manuel María: poeta, dramaturo, defensor da lingua, contador de historias... Aquí tedes o primeiro traballo realizado polos rapaces de Infantil de 5 anos que presentan a poesía "Os carballos". En breve teredes máis!!!!
9/12/15
En galego,... máis e mellor nº57
Comezamos na capa con outro poema de Manuel María: "Canto ao idioma galego". No interior a palabra Nadal da pé a uns consideracións sobre algunhas palabras relacionadas con esta celebración. Na contracapa unha vez máis o humor como desabafante.
No Portal das Palabras encontramos este Setestrelo sobre o Nadal en sete palabras
E tamén outro sobre os personaxes europeos do Nadal
8/12/15
7/12/15
O NOSO TUI
Despois de duro traballo e moita creatividade, aquí tedes o resultado: as maquetas de nosa vila. Podedes visitar a exposición no segundo andar!
[gallery ids="6882,6883,6881,6880,6879,6899,6900,6901,6902,6903,6904,6905,6906,6907,6908,6909,6910,6911,6912,6913,6914,6915,6916,6917,6918,6919,6920,6921"]
6/12/15
Suscribirse a:
Entradas (Atom)